#programación

Menú

Na procura dun refuxio: residencias e centros de creación

Martes 5 de outubro | 18:00 h | Facebook y Youtube

Esta mesa redonda tratará sobre a importancia que teñen os espazos de pensamento e práctica ao redor do cine e da creación. Propoñemos un diálogo entre residencias que teñen diferentes percorridos e cren no poder transformador do cine. Son refuxios de formación e produción de cine nun ambiente participativo e inclusivo, imprescindibles para moitos proxectos no seu momento máis íntimo. Cremos que hoxe en día estes espazos son aínda máis necesarios para xuntarnos e acompañarnos ao longo do tempo.

Vale Via (Casa de Lava)

(Barcelona, 1993) Comisario e investigador independente sobre cine de non-ficción. O seu último proxecto foi a dirección artística e o comisariado dos encontros Casa de Lava sobre cine da non-ficción. 


Almudena Escobar López (The Flaherty Seminar)

Almudena Escobar López é comisaria, arquiveira e investigadora independente. Presentou programas en Anthology Film Archives (NYC), UnionDocs (NYC), Cineteca Nacional de Mexico (DF) e Cinemateca de Bogotá, entre outros espazos. É parte do equipo de programación de Media City e do New York Film Festival. Xunto con Sky Hopinka é a programadora do 2022 Seminario Flaherty.  


Marta Andreu (Residencias Walden)

Marta Andreu creou Walden en 2016, cuxa actividade principal son as residencias de escritura. Estivo á fronte de Playtime (2004-2019) e produciu títulos como La terra habitada, Cuchillo de palo, Amanecer e Oleg y las raras artes. Desde 2009 imparte internacionalmente seminarios sobre o xesto documental e obradoiros de desenvolvemento de proxecto.


Modera: Marta Ramos Yzquierdo

Curadora independiente. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense, máster en Xestión Cultural polo Instituto Ortega y Gasset, como curadora é parte do ICI New York. Entre 2003 e 2015 viviu en Chile e Brasil, onde traballou en diferentes institucións e medios de comunicación. De volta en España, foi directora de LOOP Barcelona (2017), residente na Real Academia de España en Roma (2018-2019) e é profesora de prácticas curatoriais do máster da Escola SUR (Univ. Carlos III, Círculo Bellas Artes), labor que compaxina con colaboracións habituais en El Cultural e a revista A*Desk. Os seus proxectos e investigacións xiran ao redor do concepto de traballo e das condicións laborais dos artistas, así como da análise de construcións hexemónicas en relación á historia, o tempo e as súas narrativas.