#programación

Menú

Representacións da metamorfose

Mércores 6 de outubro | 18:00 | Facebook y Youtube

A mesa, aberta ao que xurda na conversa, parte da relación do audiovisual co corpo e o movemento. Queremos falar de como transcender os límites da danza como acto vivo (e, polo tanto, irrepetible) e como se transforma o efémero ao ser filmado, de xeito que provoca un diálogo entre a cámara e o movemento para proporcionarlle ao espectador/a unha contemplación activa e de inmersión. Falaremos tamén da convivencia de diferentes disciplinas e de como nestes tempos, máis ca nunca, temos que repensar e adaptar a nosa práctica artística. Participan:

Virginia Rota

Fotógrafa e artista visual. Interesada nas artes escénicas, traballa con compañías internacionais como Peeping Tom, Laphármaco, Daniel Abreu ou Janet Novás. O seu traballo de fotografía exhibiuse en España, Senegal, Portugal, Chile, Rio de Janeiro, Trieste (Italia), Milán e Guatemala. 


Helena Salgueiro

Helena Salgueiro é performer, bailarina, intérprete e poeta. O seu traballo exhíbese en espazos nacionais e internacionais e publicou dous poemarios. Participa en antoloxías de poesía, traducións, publicacións académicas e culturais, e imparte obradoiros en universidades e festivais. É directora artística da plataforma de artes vivas ABAR.


 Antonio Ruz

Coreógrafo e bailarín independente, na actualidade, e desde hai anos, é un dos creadores máis destacados do noso país. O seu discurso, desenvolto á fronte da súa propia compañía, susténtase nun acentuado interese polo carácter máis aberto da danza. En 2020 estrea Electra (2017) co Ballet Nacional de España. Entre as súas últimas creacións figuran Gugurumbé (2020), en colaboración con Fahmi Alqhai/Accademia del Piacere; Signos (2021) xunto á violinista Isabel Villanueva; In Paradisum (2021), coa Compañía Nacional de Danza; e La Noche de San Juan (2021), un ballet inédito de Roberto Gerhard coproducido pola Fundación Juan March e o Gran Teatro del Liceu. Recibiu o Premio Ojo Crítico de Danza de RTVE (2013) e o Premio Nacional de Danza (2018) na categoría de Creación.


Modera: Marta Ramos Yzquierdo

Curadora independente. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense, máster en Xestión Cultural polo Instituto Ortega y Gasset, como curadora é parte do ICI New York. Entre 2003 e 2015 viviu en Chile e Brasil, onde traballou en diferentes institucións e medios de comunicación. De volta en España, foi directora de LOOP Barcelona (2017), residente na Real Academia de España en Roma (2018-2019) e é profesora de prácticas curatoriais do máster da Escola SUR (Univ. Carlos III, Círculo Bellas Artes), labor que compaxina con colaboracións habituais en El Cultural e a revista A*Desk. Os seus proxectos e investigacións xiran ao redor do concepto de traballo e das condicións laborais dos artistas, así como da análise de construcións hexemónicas en relación á historia, o tempo e as súas narrativas.