Historias e perspectivas que convidan a xente nova a ser eles mesmos; a loitar polos seus ideais, nun mundo que premia a estandarización e o pensamento único.


TEENAGE RIOT
Teatro Principal | Luns 3 de outubro | 11:30h
Teatro Principal | Martes 4 de outubro | 10:00h
Teatro Principal | Mércores 5 de outubro | 11:30h
Teatro Principal | Xoves 6 de outubro | 10:00h
1h 13 min.

RAINBOW PARTY
A FESTA DO ARCO DA VELLA
Eva Sigurdardottir | 2015 | Reino Unido, Islandia | 15:58 | FIC | COL

Sofía decátase de que, se non podes con eles, mellor que te unas a eles. Na súa busca de aceptación entre as rapazas populares da súa clase, descóbrese a si mesma a sacrificar as súas verdadeiras amizades e os seus principios morais. Aquel que dixo iso de que as adolescentes son unhas nenas inocentes… canto se enganaba!

Produción: Askja Films info@askjafilms.com
Distribución: Promofest info@promofest.org

DELTA
Joan Fuentelsaz | 2016 | España | 17:57 | FIC | COL

Delta é a historia de David, un adolescente que por vez primeira en varios anos lle fai unha visita a seu pai, quen vive na casa da praia onde pasaban as vacacións de verán cando David era pequeno. Un e outro son vítimas da mala comunicación que existe entre eles; David non é quen de pasar páxina e esquecer.

Produción: ESCAC Films gisela.casas@escac.es
Distribución: ESCAC Films gisela.casas@escac.es

KILLER
ASASINO
Matt Kazman | 2016 | EUA | 19:55 | FIC | COL

Cando Dusty se masturba por vez primeira, algo sae mal…

Produción: Bows & Arrows hi@bowsxarrows.com
Distribución: Bows & Arrows hi@bowsxarrows.com

Estrea en España

CRYSTAL LAKE
O LAGO DE CRYSTAL
Jennifer Reeder | 2016 | EUA | 20:08 | FIC | COL

Ladan, que se mudou a outra cidade, chora a perda da nai e se atopa con que lle rompeu o monopatín, estao a pasar moi mal. Un grupo de mozas ás que lles gusta armar rebumbio, dirixidas pola carismática Samiyah, tomou o control do parque de patinaxe e converteuno no seu territorio, e non ten medo de virarlles as tornas aos rapaces que intentan pasar. Porén, malia o resolto das súas accións, as mozas gardan unha mensaxe para Ladan que vai cargada de tenrura…

Produción: Steven Hudosh, Penelope Bartlett steven@hudosh.net
Distribución: La Distributrice info@ladistributrice.ca