Desde Curtocircuíto queremos que o cinema vaia máis aló da interpretación artística e sirva como un punto de reflexión de temas como a sexualidade e a súa representación.

Representarse un mesmo, indicar a túa identidade, expor libremente a sexualidade de cada un á cidadanía que nos envolve, é un acto cada vez máis común pero non por iso menos contundente. Mesmo pode ser un acto de certa alteración para a nosa sociedade que, a pesar dos seus avances,  aínda ten moito percorrido no camiño de aperturas e tolerancias. A peculiaridade que distingue a nosa época presente é que estas representacións toman novas formas mesturándose entre o mundo real e o virtual, chegando a crearse unha irrealidade conformada polas imaxes que queremos proxectar de nós mesmos, máis próximas ao que desexamos ser que ao que realmente somos. Así, creamos avatares a través dos cales nos relacionamos e habitamos unha zona de encontro entre a identidade sexual, as reivindicacións de sexualidades diferentes á estándar ou os conflitos sexuais coas múltiples redes sociais e os seus ricos mecanismos expresivos.

Este programa ha sido elaborado por Miquel Matín Freixas y Curtocircuito.

Coa colaboración de Ultreia LGTBI

logo-ultreia-jpg


SEX TAPES
Numax | Mércores 5 de outubro | 20:00h | 1h 05 min.

CABEZA DE ORQUÍDEA
Violeta Blasco / Germán Andrés López / Carlotta Napolitano / Angélica Sánchez Martínez / Claudia Zegarra P. | 2016 | España | 21:06 | DOC | COL

Angélica ten un problema coa súa sexualidade, un bloqueo psicolóxico e físico. A través dun vídeo diario, compartido con outras dúas mulleres, indagará nos seus recordos para entender que sucede co seu corpo.

Produción: Universidad Autónoma de Barcelona – Máster en teoría e práctica do documental creativo curts_ivac@gva.es
Distribución: Universidad Autónoma de Barcelona – Máster en teoría e práctica do documental creativo curts_ivac@gva.es

(SELF)EXHIBITIONS
Flor Aliberti | 2016 | España | 14:18 | DOC | COL

Curtametraxe documental de apropiación que recupera vídeos caseiros de Youtube para falar sobre experiencias de exhibición da intimidade en Internet. Vivencias privadas e particulares pero que, atravesadas pola pantalla, dan lugar a dinámicas de repeticións, imitacións e réplicas nas formas de (auto)representación, xerando, destas experiencias individuais, copias e copias do mesmo.

Produción: Nanouk Films sandra@nanouk.tv
Distribución: Nanouk Films sandra@nanouk.tv

6LOLA6
Tomás Peña | 2014 | España | 14:00 | DOC | COL

A sociedade sempre tivo outsiders. No pasado podías coñecer xente que non estaba demasiado contenta co que a sociedade preparara para eles, xente que non se resignaba co que a vida lles daba. Lola é unha deles. A unha temperá idade decatouse de que era máis forte en Internet e que non tiña por que seguir o camiño clásico. 6 Lola 6 é, dalgún xeito, un retrato desta nova xeración de artistas de Internet que sofren para que a súa voz sobresaia na, ás veces frustrante, vida real.

Produción: Bonzo, Purple.fr www.purple.fr
Distribución: Playtime Audiovisuales info@playtimeaudiovisuales.com

SPUNK
Antonio da Silva | 2015 | Portugal | 36:10 | DOC | COL

Spunk é un documental experimental onde a realidade e a virtualidade mestúranse nun surrealista colaxe sexual. Durante 36 minutos, móstranos sexo desde a cámara web, teléfonos móbiles e streamings onde os participantes dan renda solta ás súas fantasías sexuais.

Produción: Antonio Da Silva antoniodasilvafilms@gmail.com
Distribución: Antonio Da Silva antoniodasilvafilms@gmail.com