ANA VAZ

O territorio e a súa historia. Ecoloxía e colonialismo. O ser humano e o espazo, natural ou transformado. Ana Vaz móvese entre estes parámetros para facturar unha filmografía que alcanza xa as oito curtametraxes, e que estende as súas derivacións e reflexións máis aló da pantalla para alcanzar outros ámbitos de expresión artística, emocional e política. Máis que unha fixación temática, a traxectoria desta artista brasileira reflicte a evolución e maduración dunha liña de pensamento, de tal maneira que, no canto de esgotarse, medra, muta, perfílase e vibra, mostrando novas caras do complexo prisma que toma como obxecto central. Todo isto converte a Ana Vaz en algo máis que unha promesa: nunha cineasta consolidada, cunha liña de traballo firme e unha poética inconfundible.

Curtocircuíto recolle en dúas sesións o corpus cinematográfico de Ana Vaz no ámbito da curtametraxe, incluíndo a súa última obra, Amérika: Bahía de las Flechas, finalizada hai apenas unhas semanas.


Ana Vaz (Brasilia, 1986) é unha artista e cineasta cuxos filmes e demais obras no campo do cine expandido especulan ao redor das relacións que existen entre o eu e o outro, o mito e a historia, mediante unha cosmoloxía de signos, referencias e perspectivas. As súas creacións fílmicas, ensamblaxes de metraxe atopada e metraxe filmada por ela mesma, conxugan a etnografía e a especulación nun estudo das friccións e ficcións que quedan gravadas en contornas naturais e edificadas, así como nos seus diversos habitantes.

Ana, que se licenciou no Royal Melbourne Institute of Technology e en Le Fresnoy – Studio national des arts contemporains, foi tamén membro da SPEAP (Sciences Po École des Arts Politiques), proxecto concibido e dirixido por Bruno Latour. As súas obras proxectáronse recentemente na sección Projections do Festival de Cine de Nova York, na Wavelengths do Festival Internacional de Cine de Toronto, o CPH:DOX, Videobrasil, Courtisane, Cinéma du Réel e LUX Salon; así mesmo, no ano 2015 foille concedido o premio Kazuko Trust, outorgado polo Filme Society of Lincoln Center en recoñecemento á excelencia e a innovación artísticas do seu traballo coa imaxe en movemento.

PÚLSAR 1
PÚLSAR 2


PÚLSAR: ANA VAZ 1
Numax | Mércores 5 de outubro | 22:00h | 1h 14 min.

SACRIS PULSO
Ana Vaz | 2008 | Australia, Brasil | 15:00 | DOC, EXP | COL

Sacris Pulso parte da desarticulación doutra curtametraxe, Brasiliários, adaptación fílmica da crónica que é Brasília, de Clarice Lispector; un texto visionario no que se contempla a capital xa inaugurada en tanto que ruína do futuro ou procedente del. Mediante a ensamblaxe de Brasiliários con material de metraxe atopada en 8 mm no que se retrata unha serie de rituais de temática viaxeira e familiar, Sacris Pulso adopta a forma de periplo pola memoria e a ficción, por un tempo pasado e futuro que conxura as pantasmas de Lispector, o espectro de Brasília, e cose os lazos que manteñen unida unha ficción familiar.

Produción: Ana Vaz
Distribución: Light Cone | lightcone@lightcone.org

ENTRE TEMPS
Ana Vaz | 2012 | Francia | 11:09 | DOC | COL

Meditación e fantasía nunha cidade a un tempo real e imaxinada. Aínda que conceptualizado como documental centrado nos edificios de Francia que se levantan nas zonas de urbanización prioritaria, esta curtametraxe toma forma de confrontación poética e expansiva coa psicoxeografía dunha Europa contemporánea en crise. Un réquiem por unha cidade soñada, entre o seu pasado e o seu presente.

Production: Ana Vaz
Distribution: Light Cone | lightcone@lightcone.org

A IDADE DA PEDRA
A IDADE DE PEDRA
Ana Vaz | 2013 | Francia, Brasil | 29:00 | DOC, FIC, EXP | COL

Unha viaxe ao extremo occidental de Brasil condúcenos a unha estrutura monumental, petrificada no centro da sabana. Inspirado na épica construción da cidade de Brasília, esta curtametraxe válese da historia para imaxinala doutro xeito; seguindo o rastro xeolóxico que nos leva a este monumento, a curta saca á luz un relato de exploración, profecía e mito.

Producción: Ana Vaz
Distribución: Light Cone | lightcone@lightcone.org

 A FILM, RECLAIMED
PELÍCULA RECUPERADA
Ana Vaz, Tristan Bera | 2015 | Francia | 19:33 | DOC, EXP | COL

A crise ecolóxica é unha crise política, económica e social. Tamén é cinematográfica, xa que o cine coincide historicamente, e en sentido crítico e descritivo, co xurdimento do Antropoceno. Película recuperada é unha conversa, un ensaio que interpreta a crise terrestre baixo a influencia e coa axuda dos filmes, fermosos e terribles, que acompañaron o seu desenvolvemento.

Produción: Ana Vaz
Distribucion: Light Cone | lightcone@lightcone.org

PÚLSAR: ANA VAZ 2
Numax | Venres 7 de outubro | 22:00h | 51 min.

OCCIDENTE
Ana Vaz | 2014 | Francia, Portugal | 15:27 | DOC, EXP | COL

Un poema fílmico dunha ecoloxía de signos que nos fala dunha historia colonial que se repite; os subalternos convértense en amos, as antigüidades transfórmanse en cubertos reproducibles, as aves exóticas tórnanse bens de luxo, a exploración pasa a adquirir a categoría de turismo de deporte extremo, os monumentos vólvense datos xeográficos. Unha viaxe esférica a leste e oeste que marca uns ciclos de expansión mentres a persoa loita por atopar o seu lugar, sentada á mesa.

Producción: Ana Vaz
Distribucion: Light Cone | lightcone@lightcone.org

LES MAINS NÉGATIVES
Ana Vaz & Julien Creuzet | 2012 | Francia | 15:09 | DOC, EXP | COL

Unha postal das feiras de Saint-Ouen (París, 2012).

ProducIón: Ana Vaz
Distribución: Light Cone | lightcone@lightcone.org

HA TERRA!
Ana Vaz | 2016 | Francia | 12:20 | FIC, EXP | COL

Terra á vista! é un encontro, unha persecución, unha narración diacrónica de procura e transformación. Como nunha caza, esta curtametraxe erra do personaxe ao territorio, do territorio ao personaxe, do depredador á presa.

Produción: Spectre Productions | production@spectre-productions.com
Distribución: Light Cone | lightcone@lightcone.org

AMÉRIKA: BAHÍA DE LAS FLECHAS
AMÉRIKA: BAHÍA DAS FRECHAS
Ana Vaz, coa colaboración de Guarionex Léger | 2016 | República Dominicana, Brasil | 08:46 | DOC, EXP | COL

Dise que no ano 1492 a primeira nave europea, gobernada por Cristóbal Colón, desembarcou na costa de Samaná, hoxe República Dominicana, onde foi recibida cunha choiva de frechas coidadosamente planeada polos taínos caribeños. Na actualidade, un lago salgado que tomou o seu nome do xefe taíno Enriquillo, é testemuña dos fondos cambios ecosistémicos que provocaron a migración de especies, a súa evacuación forzosa e unha expansiva desertización coral que revelou o pasado xeolóxico do lago. Tomando a cámara en si mesma como unha frecha, un corpo estraño, Amérika: Bahía das Frechas explora vías polas que animar, espertar, facer vibrar de novo este xesto.

Produción: Davidoff Art Initiative  http://davidoffartinitiative.com/contact
Distribucion: Light Cone | lightcone@lightcone.org