Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

PLANETA GZ 1
PLANETA GZ 2


PLANETA GZ 1
Teatro Principal | Luns 3 de outubro | 22:15h | 1h 19min

TOXOS E FLORES
Lucía Vilela | 2016 | España | 04:15 | DOC, EXP | COL

Arquitecturas naturais, naturezas mortas, espazos de luces verdes e marróns absolutos.

Produción: Lucía Vilela,  lu.vilela.diaz@gmail.com
Distribución: Lucía Vilela,  lu.vilela.diaz@gmail.com

HOMES
Diana Toucedo | 2016 | España | 10:35 | DOC | COL

Os actos dos homes en vida configuran a nosa historia. Pero… en que momento da nosa vida perde un a propia? Moitas das mulleres que agardan hoxe no interior das súas casas, das súas cociñas, o home que marchou, o fillo, o pai… manteñen unha ferida aberta que nunca pechou. Suspendidas no tempo, latexan incansables na espera. A morte ou elas.

Produción: Diana Toucedo,  dianatoucedo@gmail.com
Distribución: Diana Toucedo,  dianatoucedo@gmail.com

I IS ANOTHER
EU É OUTRO
David Varela | 2016 | España | 20:43 | DOC | COL

Un paseo entre a vida e a morte, entre a noite e o día, entre os ecos do pasado e a súa presenza futura.

Produción: David Varela,  davidvarelaalvarez@yahoo.es
Distribución: David Varela,  davidvarelaalvarez@yahoo.es

Estrea mundial

WHERE IS THE JUNGLE
ONDE ESTÁ A SELVA
Ivan Castinheiras | 2016 | Francia, Portugal, Brasil | 32:55 | DOC | COL

Mentres que a expansión da cidade devora a selva, outra selva nace nas ruínas e memorias da propia cidade. Onde está a fronteira entre un espazo e outro?

Produción: Le Fresnoy,  ntrebik@lefresnoy.net
Distribución: Le Fesnoy,  ntrebik@lefresnoy.net

RETRANSMISIÓN DA CHEGADA DOS RESTOS DE CASTELAO A GALICIA. A PÉRDIDA DA INOCENCIA NO RELATO DA TRANSICIÓN
Xurxo Chirro, Fernando Redondo, Isabel Sempere | 2015 | España | 10:49 | DOC | COL

Videoensaio realizado para evidenciar a natureza dos relatos y dos discursos que foron defendidos e rexeitados pola Transición.

Produción: Xurxo Chirro, xurxochirro@gmail.com
Distribución: Xurxo Chirro,  xurxochirro@gmail.com

Estrea mundial

PLANETA GZ 2
Teatro Principal | Martes 4 de outubro | 22:15h | 1h 12 min

RUEDA CABEZA
RODA CABEZA
Borja Santomé | 2016 | España | 04:32 | ANI | B/N

Quero introducir o público na animalidade, poñelo ante un estraño intento de comunicarlle algo a través de transparencias, pegadas e obxectos destripados. Propoño unha historia incompleta e borrosa, un simple elemento palpitante que fala de min e da miña cidade.

Produción: Borja Santomé,  borjasantome@gmail.com
Distribución: Borja Santomé,  borjasantome@gmail.com

LAGO SABROSO
Borja Santomé | 2016 | España | 03:01 | ANI | B/N

Quero introducir o público na animalidade, poñelo ante un estraño intento de comunicarlle algo a través de transparencias, pegadas e obxectos destripados. Propoño unha historia incompleta e borrosa, un simple elemento palpitante que fala de min e da miña cidade.

Produción: Borja Santomé,  borjasantome@gmail.com
Distribución: Borja Santomé,  borjasantome@gmail.com

Estrea mundial

TRAZOS
Alberte Branco | 2016 | España | 09:10 | DOC | COL

Trazos é un filme de indagación. Explorar o territorio na procura da identidade. Un diálogo no que agroman a terra e as emocións.

Produción: Ana Pontón Mondelo
Distribución: Alberte Branco,  bertitxi@gmail.com

RUST
FERRUXE
Eloy Dominguez | 2016 | Suecia, España | 13:53 | FIC | COL

Unha paisaxe deserta, cuberta de neve. Un lugar e unha época indeterminados. Un home anónimo, atemporal deslízase cara ao interior dun devastado edificio industrial. Está atrapado entre ruínas e ferruxe, testemuñas do tempo. Avanza entre sombras e refugallos, seguindo un ritual tan preciso como críptico. Polifonía de materiais. O pasado resoa en cada paso. Ecos dunha presenza. Unha figura solitaria flutúa no abismo.

Produción: Eloy Domínguez,  eloydseren@gmail.com
Distribución: Eloy Domínguez,  eloydseren@gmail.com

Estrea en España

TOUT LE MONDE AIME LE BORD DE LA MER
TODO O MUNDO ADORA A COSTA
Keina Espiñeira | 2016 | España | 16:10 | DOC | COL

o de homes agarda nas marxes dun bosque costeiro para viaxar a Europa. Atópanse nun limbo no tempo e o espazo. Alí se filma unha película na que documental e ficción se entrelazan constantemente. Mitos do pasado colonial chocan cos soños de futuro.

Produción: El Viaje Films,  lourdes@elviaje.es
Distribución: El Viaje Films,  lourdes@elviaje.es

LISTEN TO ME
ESCÓITAME
Carla Andrade | 2016 | España | 07:12 | EXP | B/N

“Andrade subverte o rol ao que tradicionalmente se viu abocado a muller. De obxecto observado a suxeito que abre os ollos a realidades esquecidas. Imaxes que ao fundirse reflicten un mundo cuxa sensibilidade está a mutar. Escenas dun ton onírico para plasmar a nova orde”. (Javier H. Estrada)

Produción: Carla Andrade,  carla.fdez.andrade@gmail.com
Distribución: Carla Andrade,  carla.fdez.andrade@gmail.com

CORPO PRETO
Diana Toucedo | 2016 | España | 07:54 | EXP | B/N

A partir do filme Límite, do director vangardista brasileiro Mario Peixoto, explórase o corpo feminino ante as propias angurias e medos nunha obra de remontaxe. Un corpo que desexa estar preto da luz pero tamén da escuridade, así como as imaxes que desde os anos trinta chegan como vagalumes polo poder do cinema como médium.

Produción: Diana Toucedo,  dianatoucedo@gmail.com
Distribución: Diana Toucedo,  dianatoucedo@gmail.com

IR E VIR
Miguel Mariño | 2016 | España | 10:44 | EXP | COL

A partir da manipulación e refilmado dun pequeno fragmento de found footage dos anos sesenta, o filme indaga nos mecanismos que propician a percepción visual do ritmo. A repetición evolutiva dos planos, o movemento cíclico interno ou o tránsito entre o figurativo e o abstracto provocan unha cadencia harmoniosa que se ve amplificada pola banda sonora orixinal.

Produción: Miguel Mariño,  miguelmarino.info@gmail.com
Distribución: Miguel Mariño,  miguelmarino.info@gmail.com

Estrea mundial