Sección que recolle películas españolas da temporada. Un programa diverso que non busca unha liña definida, senón poñer en valor cada obra en si mesma.


PENÍNSULAS
Teatro Principal | Mércores 5 de outubro | 22:15h | 1h 43 min.

EL CADÁVER DEL TIEMPO
O CADÁVER DO TEMPO
Luis E. Parés | 2016 | España | 13:11 | DOC | COL

Se un ditador é o seu imaxinario e unha ditadura, o conxunto de imaxes que sobre ela existen, haberá que derrubar esas imaxes para poder construír o imaxinario do noso futuro. Se hai pantasmas que non nos pertencen pero que, aínda así, nos amedrentan, haberá que enfrontarse a esas pantasmas e a quen as invocou para respirar mellor.

Produción: Luis E. Parés | luisepares@hotmail.com
Distribución: Luis E. Parés | luisepares@hotmail.com

CAMPANYA
CAMPAÑA
Andrés Alonso, Catarina Brites Soares, Alejandro Cabrera, Lara Curto, Damián Depetris | 2016 | España | 27:53 | DOC | COL

Móntase o escenario, o público agarda expectante, os actores saen a escena e comeza o show. En CAMPAÑA, a cámara retrata desde un lugar inesperado a carreira polo poder. Ao longo da película mantense a dúbida sobre o que estamos a ver realmente. Quen é o verdadeiro protagonista na campaña? Os políticos? Os medios? Os cidadáns?

Produción: Universidad Autónoma de Barcelona – Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo
| m.documental.creativo@uab.cat
Distribución: Universidad Autónoma de Barcelona – Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo | m.documental.creativo@uab.cat

LAS VÍSCERAS 
AS VÍSCERAS
Elena López Riera | 2016 | Francia | 15:38 | FIC | COL

Unha tarde húmida de verán nun pobo do sur de España, unha muller esfola un coello coas súas mans. Os nenos, os vellos e mesmo os cans contemplan atentos o ritual cotián da morte, gravado para sempre nas súas retinas.

Produción: Lacasinegra | info@lacasinegra.com
Distribución: Marvin&Wayne | fest@marvinwayne.com

ESTREA EN ESPAÑA

MAÑANA VENDRÁ LA BALA
MAÑÁ VIRÁ A BALA
Gabriel Azorín | 2016 | España | 28:47 | FIC | COL

A moza fálalle ao mozo sobre o seu medo ao suicidio e logo ri. Tamén lle di que o quere. A moza e o mozo botan a correr coma se a única saída posible fose perderse na noite —entre as árbores, as lastras, os karaokes— e non volver a casa nunca máis.

Produción: Lacasinegra | info@lacasinegra.com
Distribución: Lacasinegra | info@lacasinegra.com

ALIENS
Jiajie Yu Yan | 2016 | España | 05:26 | FIC | COL

Unha moza chega a unha cidade por vez primeira. Observa a xente do seu redor e decátase de que non pertence a ese mundo, todo lle resulta alleo. Porén, ela intenta simular que é unha deles, encaixar nese estraño lugar.

Produción: Jiajie Yu Yan | jiajieyuyan@gmail.com
Distribución: Jiajie Yu Yan | jiajieyuyan@gmail.com

LA DISCO RESPLANDECE
A DISCO RESPLANDECE
Chema García ibarra | 2016 | Turqía | 12:51 | FIC | COL

Cae a tarde e a sombra da montaña medra. Cinco rapaces preparan a noite: teñen alcohol, música e un coche. Tanto ten que a discoteca leve anos pechada.

Produción: Erbay Media | merbay@inthesamegarden.com
Distribución: Erbay Media | merbay@inthesamegarden.com