PEDRO MAIA

Pedro Maia aborda o cinematográfico desde un punto de vista fronteirizo: ten un interese específico polas calidades materiais e físicas do soporte no que aniña a imaxe e como estas a afectan, analizando a beleza da súa pátina e degradación como o seu substrato dobremente temporal, capaz de capturar un tempo e á vez tamén envellecer como obxecto. Desde esta posición, Pedro Maia busca tamén as relacións do cinema como linguaxe, confrontándoas con outras linguaxes da modernidade, que van desde a experimentación plástica ata o cinema expandido ou o videoclip. Pero probablemente todo isto non son máis que palabras dunha reflexión que queda lonxe do que verdadeiramente expresa o seu cinema: a tensión entre a luz e a escuridade, a loita entre o desexo e a dor, a poesía que emerxe de cada conflito íntimo.

Curtocircuíto recolle nesta sesión unha antoloxía que permite descubrir as distintas facetas da súa obra.


PEDRO MAIA
Numax | Xoves 6 de outubro | 20:00h | 1h 03 min.

MEMORY – SUPER 8 SERIES #3
Pedro Maia | 2007 | Portugal | 6:45 | EXP | COL

Memory é unha colaboración co músico Noah Lennox (Panda Bear) que explora a relación entre un músico e un cineasta; é unha reflexión sobre as lembranzas. A partir de películas de Super8 e realizada á man na súa totalidade, a película explora as lembranzas familiares, o momento presente combinado coas experiencias pasadas e como todo isto semella evadirse da nosa memoria actual.

Produción: Pedro Maia
Distribución: “LightCone · France. Portuguese Short Film Agency · Portugal” lightcone@lightcone.org; agencia@curtas.pt

ARISE (ZONA)
Pedro Maia | 2009 | Portugal | 10:00 | EXP | COL

Arise (Zona) parte da longametraxe A Zona, de Sandro Aguilar, e xorde de toda a sucidade cinematográfica inherente ao apoio fílmico. Estas imaxes na película deteriorada, destinadas ao baleiro e ao esquecemento absoluto, condúcennos á ambigüidade e a indeterminación entre a vida e a morte, na que a lóxica temporal e narrativa se suspenden.

Produción: Pedro Maia
Distribución: “LightCone · France. Portuguese Short Film Agency · Portugal” lightcone@lightcone.org; agencia@curtas.pt

PLANT IN MY HEAD
Pedro Maia, Rita Lino | 2014 | Portugal, Alemaña | 11:00 | EXP | COL

Filme sobre a perda dun ser amado.

Produción: Pedro Maia
Distribución: “LightCone · France. Portuguese Short Film Agency · Portugal” lightcone@lightcone.org; agencia@curtas.pt

LOVE & LIGHT – SANDRO PERRI
Pedro Maia | 2011 | Portugal | 3:42 | Videoclip | COL

O vídeo de “Love and Light” busca explorar a relación entre un músico e un cineasta e a súa reflexión persoal sobre os recordos. A partir do arquivo de películas caseiras en Super8 de Pedro Maia, este vídeo é o resultado do traballo no cuarto escuro, empregando medios analóxicos de manipulación lumínica da película nun intento de non permitir que esquezamos os materiais. Aquí atopamos sombras esquivas, os delicados materiais virando, esmuxicando e tremendo para salientar a fraxilidade da mirada, a fraxilidade destas películas familiares compactas que se desfán por fin, e, na súa disolución, nos agónicos momentos da súa exclusión e abandono, estas películas deixáronse atrás.

Love and Light · música de Sandro Perri
Impossible Spaces · Constellation Records · 2011

DARE-GALE – JACASZEK
Pedro Maia | 2012 | Portugal |  | Videoclip | COL

O vídeo de “Dare Gale” baséase en filmacións en Super8 de Michal Jacaszek e Pedro Maia no Porto e é o resultado do traballo no cuarto escuro utilizando medios analóxicos de manipulación lumínica do celuloide e superposición de película. A metraxe en Super8 e a manipulación da película é o punto de partida dunha exploración visual que xorde da interacción de patróns vibrantes e o efecto da luz nos obxectos. A manipulación transforma o visionado do vídeo nunha experiencia subxectiva, “a mirada do espectador”, e a manipulación analóxica provoca imperfeccións e resultados imprevisibles. Parte da premisa da conciliación de sensacións, singularidade e imprevisibilidade, que comeza como unha entidade orgánica que pode así alterarse con medios novos.

INVENTÁRIO
INVENTARIO
Pedro Maia | 2012 | Portugal | 23:00 | DOC | B/N

a. Rexistro, informe ou listaxe desagregada e detallada das posesións dunha persoa, especialmente o reconto periódico de todos os obxectos e materiais almacenados. / b. O proceso de elaboración desa listaxe, rexistro ou informe. / c. Os artigos listados nese informe ou rexistro. / d. A cantidade de bens e materiais dispoñibles; existencias. / 2. Avaliación ou estudo de capacidades, activos ou recursos. / 3. Realizar un rexistro ou informe detallado de. / 4. Incluír nun informe ou rexistro detallado.

Produción: Visões Úteis

YOU AND I – GALA DROP
Pedro Maia, Lara Wehrs | 2014 | 4:00 | Portugal | Videoclip | COL

Este vídeo baséase na peza “II” de Gala Drop e é a mestura de metraxe atopada (Perú, 1978; China, 1984) do meu arquivo de películas caseiras en Super8 e algunhas tomas novas filmadas este ano no Mar Báltico especialmente para o vídeo. A continuación manipulouse todo o material fílmico a través dun procesamento analóxico durante o revelado e o escaneado da película.

Produción: Golf Channel Recordings / Gala Drop Records

DROWNED IN WATER LIGHT – VESSEL
Pedro Maia | 2014 | Portugal | Videoclip | 5:19 | B/N, COL

Drowned in Water and Light, dirixido por Pedro Maia, inspírase no universo de “Punish Honey” e pretende acentuar a sensación de angustia e asfixia que provoca a música. Filmado na súa totalidade en película de Super8 en branco e negro e sometendo posteriormente o material fílmico a manipulacións ópticas e químicas, esta obra afonda na sensación de afogo e na autodenigración. Nalgúns eventos preséntase unha versión ampliada que inclúe metraxe adicional filmada polo artista visual Harry Wright a modo de live cinema.