É a sesión canalla do festival. Picardía, algo de sexo e moita, moita diversión.


NOITE MALANDRA
Teatro Principal | Xoves 6 outubro | 23:45h | 1h 04 min.

METUBE 2
Daniel Moshel | 2016 | Austria | 0:05:41 | ANI, FIC | COL

Despois de que Elfie e o seu aburrido fillo August demostren a súa valía en MeTube 1 coa cámara web familiar, a estraña parella aventúrase polas rúas para presentar o acto multitudinario lóstrego máis grande, atrevido e sexy de que foi testemuña Internet.

Produción: Moshel Film office@moshel.at
Distribución: aug&ohr medien film@augohr.de

WURMLOCH
BURATO DE VERME
Turun Anikistit | 2016 | Finlandia | 0:12:28 | ANI | COL Viena, 1914.

Otto atopa un buraco de verme que leva a outra dimensión e que arruína a súa saúde mental e a súa relación con Emma. Ambos acaban buscando axuda no diván de Freud.

Producción: Turun Anikistit Ry, Twisted Films anikistit@anikistit.net
Distribución: Turun Anikistit Ry anikistit@anikistit.net

Estrea en España

MADE IN SPAIN
FABRICADO EN ESPAÑA
Coke Riobóo | 2016 | España | 0:11:35 | ANI | COL

Nunha asollada praia española desenvólvese un retrato surrealista en miniatura. Curtametraxe feita mediante animación fotograma a fotograma con figuras en miniatura a escala H0.

Produción: Los Animantes, Coke Rioboo madeinspainfilm@gmail.com
Distribución: Madrid en Corto mail@madridencorto.es

AMOR DE MONO
MONKEY LOVE
Nacho Rodríguez, Paulo Mosca | 2015 | España | 0:04:30 | ANI | COL

Á vista de que vós, humanos, non sabedes solucionar os vosos propios problemas, os monetes subnormais vimos impartir xustiza e elegancia co noso estilo sexy tropical. Xa tardades en ir mercar unha canoa, ídela necesitar!!!

Produción: Trimomo info@trimono.tv
Distribución: Banatu Filmak info@banatufilmak.com

SUMMER’S PUKE IS WINTER’S DELIGHT
O VÓMITO DO VERÁN É O DELEITE DO INVERNO
Sawako Kabuki | 2016 | Japón | 0:03:00 | ANI | COL

Co tempo, os sucesos dolorosos convértense en lembranzas. Con todo, vomitamos e volvemos comer. A vida é un eco.

Produción: Sawako Kabuki soramimicake@nifty.com
Distribución: CaRTe bLaNChe tmk@c-a-r-t-e-blanche.com

Estrea en España

LA BITE
A PIROLA
Pierre MORTEL, Jérôme LEROY | 2016 | Francia | 0:04:09 | ANI | COL

Un mozo provocador debuxa unha pirola nun muro. A policía responde con brutalidade. O xesto deste mozo, que en orixe non significaba nada, repítese por todo o país e desata unha tormenta mediática e social que supón unha seria ameaza para a orde establecida…

Produción: Cassiopée Films, Canal+ info@cassiopee-films.com
Distribución: Autour de Minuit pauline@autourdeminuit.com

Estrea en España

CIPKA
CONA
Renata Gąsiorowska | 2016 | Polonia | 0:08:22 | ANI | COL

Unha moza pasa a tarde soa na casa e decide entregarse a unha agradable sesión de pracer solitario, pero non todo sae segundo o planeado.

Produción: PWSFTviT produkcja@filmschool.lodz.pl
Distribución: Studio Indikers office@studioindeks.pl

Estrea en España

THE CHICKENING
O GALIÑADOR
Nick DenBoer, Davy Force | 2015 | Canadá | 0:05:14 | FIC | COL

O galiñador é unha obra pioneira do cine remesturado e aumentado, un avance cinematográfico dunha película de ficción na que o clásico O resplandor, de Stanley Kubrick, transfórmase con enxeño nunha nova aventura cómica repleta de galináceas, na que o filme se altera dixitalmente para crear unha narración nova. Con este novo estilo de realización prodúcese unha colisión hilarante entre o cine clásico e os efectos visuais modernos; un cinegraffiti, o festín visual neonostálxico supremo para esta era dixital.

Produción: Nick DenBoer, DavyForce “nickdenboer3@gmail.com; davyforce@gmail.com
Distribución: Nick DenBoer, DavyForce “nickdenboer3@gmail.com; davyforce@gmail.com

THE CONTRACT
O CONTRATO
Christer Lindström | 2015 | Finlandia | 0:06:35 | FIC | COL

A drag queen e ama de casa Carlotta Moore ocúpase das súas cousas na súa casa, sita nunha zona residencial. Soa o timbre, o can tolea. Chama unha puta testemuña de Jehová! E Carlotta ten unha Magnum de nove milímetros e un dedo inquieto! Un día na vida dunha travestí que se dedica a pasar cocaína.

Produción: Twisted Films jupe@twistedfilms.fi
Distribución: Twisted Films jupe@twistedfilms.fi

Estrea en España

JESUS WIINDOWS 95 – SPACE SURIMI
Perro Cientorece | 2015 | España | 0:03:03 | Videoclip | COL

Produción: Golden Christ Music info@goldenchristmusic.com
Distribución: Golden Christ Music info@goldenchristmusic.com