LOS CANARIOS 1
LOS CANARIOS 2


Filmando San Borondón
por Xurxo González

A arte móvese por ciclos e estratificase por lustros. O “outro cinema” de España nunca fixo gala de unidade e si de focos que coincidiron nun contexto determinado. O paso do tempo é imparable e as lumieiras peninsulares perderon forza e convertéronse en faíscas mais non todo foi devorado pola devastación da crise e do esquecemento. A mirada nidia e ilusionada aínda pervive mais hai que situala alén de espellos e de paralelos. Os alisios caprichosos levaron a última esperanza a Canarias.

Quen o ía dicir! Parece que todo xogaba na súa contra. A insularidade é quen de esnaquizar os sonos máis teimudos. Por iso todo o que está a ocorrer en Canarias hai que valoralo o dobre. Non cabe outra. Moito esforzo hai que facer para destacar elementos bastardos na súa xenealoxía. Mais nos desertos ou entre volcáns cincentos tamén medran tabaibas que reverdecen cunhas míseras pingas de choiva.

Canarias destaca por ser o grande escenario de filmes comercias que acoden á chamada dos descontos fiscais. Mais este cinema industrial afúndese no abuso e na intranscendencia. Os gobernantes, medios e empresas apoian este modelo mais son sabedores da incapacidade de consolidar nada; o star sistem amolece ao sol, os blockbusters impersoais sucédense, os convenios se vulneran, unha cota de pantalla estatal con inflación, a televisión desenténdese, falta sinerxía entre administracións e, sobre todo, bótase en falta unha lei que poña concerto e normalice todo.

Mais un novo microclima emerxe nas Canarias. Un grupo de cineastas propoñen un novo modelo que aposta por un cinema onde se reflicte unha maior singularidade e diversidade cultural, afastado da interesada distorsión turística. Unha realidade agochada que se descubre empregando a liberdade da expresión cinematográfica. Esta converxencia hai que situala ao abeiro dos festivais, do xerme dexenerativo e provocador que fai case unha década enterrou o Festival de Las Palmas. Non obstante, no xardín onde sucedeu todo a planta autóctona tardou en agromar. Mais co coidado e o aloumiño do Foco Canario finalmente aconteceu: a planta medrou ambicionando acubillar hipotéticas afinidades con outros fisterras.

Moitos son os elementos e dinámicas que coinciden co que sucederon noutros sitios de España. Porén, parece que este novo xeito de facer e pensar o cinema canario deu cunha maior complicidade co contexto, como se se quixera aprender dos erros dos outros. Os festivais locais (Las Palmas, Miradasdoc, Muestra de Lanzarote, Festivalito) purran por eles, os seus éxitos recóllense nos medios e teñen diálogo fluído coas institucións. Mais as ficcións son enganosas. Todos saben que dependen so da súa creatividade, saben que o único que poderán argumentar é o seu traballo, o seu facer.

A primeira etapa do ciclo está andada. As curtametraxes dan conta dunha realidade, dun talento e dunhas miradas distintas. A atención que lle dedica Curtocircuito así o demostra. A lupa está posta. Todos ficamos expectantes ante o despegue canario. Mais somos esixentes e agardamos pola segunda fase da andaina: a realización de longametraxes. A traxectoria pode truncarse mais o único que deben facer é confiar na solidariedade entre eles e no atrevemento que se ve nas súas curtametraxes. Son as súas únicas garantías.

O que acontece en Canarias non está tan ao pairo como noutros sitios. Aos recambios nos cineastas tamén se produciu nos produtores. Todo fica máis autoconsciente deixando menos espazo á improvisación. O azar xoga un papel máis relativo. Parece que este novo cinema canario recubriuse dunha pátina onde esvara todo o que intenta menoscabalo. Unha atención e unha seguridade que permitirán aos ollos dar conta do imposible. San Borondón.


LOS CANARIOS 1
Teatro Principal | Venres 7 de outubro | 23:30h | 57 min.

LA PASIÓN DE JUDAS
A PAIXÓN DE XUDAS
David Pantaleón | 2014 | España | 11:29 | FIC | COL

Esta película está baseada nunha tradición local que comparten algúns pobos españois e iberoamericanos nos que se apedrea, lincha ou queima un boneco que representa a Xudas, pola súa traizón a Cristo.

Produción: Los DeLito Films davidpantaleon5@yahoo.es
Distribución: Marvin&Wayne festivales@marvinwayne.com

UN DÍA EN EL PARAÍSO
UN DÍA NO PARAÍSO
Jose Alayon | 2012 | España | 17:17 | FIC | COL

Daniela traballa como muller da limpeza no Hotel Paraíso. Harvey traballa no mesmo hotel, repetindo día tras día o seu show de caniches.

Produción: El Viaje Films jose@elviaje.es
Distribución: El Viaje Films jose@elviaje.es

SOUVENIR
Gerardo Carreras | 2013 | España | 13:00 | DOC | COL

Un souvenir ou recordo (do francés souvenir n. m. Memoria. Reminiscencia dun recordo, dun acontecemento pasado. Feito de lembrar) é un obxecto que atesoura as memorias que están relacionadas con el. Os viaxeiros compran a miúdo souvenirs como agasallos para os seus seres queridos. Isto é común en moitas culturas.

Produción: MUAK Canarias gerardo@muakcanarias.com
Distribución: MUAK Canarias gerardo@muakcanarias.com

EL IMPERIO DE LA LUZ
O IMPERIO DA LUZ
Macu Machin | 2016 | España | 15:37 | DOC | COL

Ubay Murillo é un pintor canario que vive en Berlín. Na distancia, a súa obra cuestiona a idea de paraíso que envolve a súa illa nun tempo onde todo parece racharse, excepto o paraíso, ou polo menos o seu decorado.

Produción: Macu Machín
Distribución: Digital 104 distribucion@digital104.com

LOS CANARIOS 2
Numax | Sábado 8 de outubro | 22:00h | 1h 09 min.

MALPAÍS
Samuel M. Delgado | 2013 | España | 12:25 | DOC | COL

Un home trata de arrincar vida da pedra cuspida polo volcán. Unha cotiandade marcada pola hostilidade dunha contorna bela e terrible.

Produción: El Viaje Films, Trova Film jose@elviaje.es
Distribución: Promofest info@promofest.org

LA PIEDRA
A PEDRA
Victor Moreno | 2013 | España | 47:15 | DOC | COL

Un traballo prehistórico na era da tecnoloxía.

Produción: Victor Moreno P.C. victor.moreno@d-noise.net
Distribución: Victor Moreno P.C. victor.moreno@d-noise.net

CANARY BANANAS
Richard Leacock | 1935 | EUA | 10:00 | DOC | B/N

Desde o seu debut fílmico á idade de 13 anos (Canary Bananas, 1935), Richard Leacock defendeu a mostra do rexistro máis veraz posible dos feitos ao espectador. Esta película trata da plantación bananeira de seu pai e foi realizada con algo de axuda de Polly Chuch e Noel Florence.

Produción: Richard Leacock Distribución: BFI
Distribution bookings.films@bfi.org.

filmoteca_canaria_1