Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero, que dilúen a idea convencional do cine mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas ao documental, á video-experimentación ou ao cine de vangarda.

EXPLORA 1
EXPLORA 2
EXPLORA 3
EXPLORA 4


EXPLORA 1
Teatro Principal | Luns 3 de outubro | 18:30h | 1h 21 min.

ZDARZENIE PLASTYCZNE
A TINTA ATOPA O NEGRO

Anna Waszczuk | 2016 | Polonia | 05:11 | EXP, ANI | B/N

O filme é unha metamorfose rítmica en branco e negro de formas xeométricas abstractas. A súa dramaturxia constrúese a base de formas puras e música evocadora. Desenvolveuse integramente sen cámara, directamente sobre película de 35 mm.

Produción: Fumi Studio, biuro@fumistudio.com
Distribución: Fumi Studio, biuro@fumistudio.com

EDEN’S EDGE (THREE SHORTS ON THE CALIFORNIAN DESERT)
O LÍMITE DO EDÉN (TRES CURTAS NO DESERTO CALIFORNIANO)
Gerhard Treml, Leo Calice | 2014 | Austria | 19:37 | EXP, DOC, ANI | COL

Unha serie de vistas aéreas de escenas minimalistas coidadosamente dispostas na agrisada area do deserto.

Produción: “O.N.L.S.D (The Office for Landscape Design) Universität für Angewandte Kunst Wien, meetus@edens-edge.org;
Distribución: Six Pack Film, gerald@xispackfilm.com

Estrea en España

THREE DIMESIONS OF TIME
AS TRES DIMENSIÓNS DO TEMPO
Pim Zwier | 2016 | Países Baixos, Rusia | 13:30 | EXP, DOC | COL

Tres momentos no tempo son capturados en tres capas de imaxes, cada unha dunha cor, que se mostran simultaneamente. Conxugadas, as capas forman imaxes normais a plena cor dos elementos que non varían no tempo. Os elementos en movemento —animais, persoas, máquinas— transitan por estas escenas nunha soa cor.

Produción: Pim Zwier, pimzwier@gmail.com
Distribución: Pim Zwier, pimzwier@gmail.com

Estrea en España

A FUNDAMENTAL ERROR
UN ERRO FUNDAMENTAL
Alberte Pagán | 2016 | España | 03:25 | EXP, DOC | COL

En A fundamental error retomo o meu retrato de Kubelka, Superfícies – Peter (tubo), no que refilmaba o seu rostro proxectado sobre unha pantalla de tubo, e afondo na súa dexeneración. O adaíl do cinema analóxico e meticuloso montador convértese así nun baile de números e códigos imprevisiblel.

Produción: Alberte Pagán, apagan@edu.xunta.es
Distribución: Alberte Pagán, apagan@edu.xunta.es

Estrea en España

B-ROLL WITH ANDRE
INSERTOS CON ANDRE
James N. Kienitz Wilkins | 2016 | EUA | 18:30 | FIC | COL

Un testemuño anónimo e distorsionado sobre o perigoso soño dun home.

Produción: Kienitz Wilkins, contact@automaticmoving.com
Distribución: Kienitz Wilkins, contact@automaticmoving.com

Estrea en España

HORATU
William Laboury | 2015 | Francia | 21:37 | FIC | COL

Dixéronme: “Tes un don. Aquí abaixo o teu don non serve para nada, así que che imos ensinar as cousas máis fermosas do mundo. Vas ter máis lembranzas ca ninguén. E entón durmirás. E non espertarás.

Produción: La Femis, festival@femis.fr
Distribución: La Femis, festival@femis.fr

EXPLORA 2
Teatro Principal | Martes 4 de outubro | 18:30h | 1h 18 min.

CILAOS
Camilo Restrepo | 2016 | Francia | 12:48 | FIC, EXP | COL

de morte, unha moza parte na procura de seu pai, un mullereiro ao que nunca chegara a coñecer. Na súa viaxe, pronto descobre que está morto, mais decide non cambiar de plans e prosegue a súa busca. Transportada polo feitizo rítmico do maloya, un canto litúrxico típico da Illa da Reunión, Cilaos explora os fondos e escuros lazos que unen os mortos e os vivos

Produción: G.R.E.C. info@grec-info.com
Distribución: G.R.E.C. info@grec-info.com

Estrea en España

CABEÇA D’ASNO
CABEZA DE ASNO
Pedro Bastos | 2016 | Portugal | 11:19 | FIC, EXP | COL, B/N

Cabeza de asno está a medio camiño entre o diario filmado e o ensaio sobre a natureza das imaxes, unha experiencia sensorial en diferentes medios cinematográficos.

Produción: Bando a parte, bando@bandoaparte.com
Distribución: Portuguese Short Film Agency, liliana@curtas.pt

Estrea en España

PERSONNE
PERSOA
Matthias Müler, Christopher Girardet | 2016 | Alemaña | 15:04 | EXP | B/N, COL

Personne é alguén, ninguén, calquera. Somos nós no curso do tempo. Persistentemente, en balde. O eu é a necesidade de autoafirmación permanente.

Produción: Girardet & Müller, mueller.film@t-online.de
Distribución: Six Pack Film, gerald@xispackfilm.com

THERE IS A HAPPY LAND FURTHER AWAAY
HAI UN PAÍS FELIZ AO LOONXE
Ben Rivers | 2015 | Reino Unido | 20:05 | DOC | COL, B/N

Hai un País Feliz ao Loonxe filma as paisaxes do remoto arquipélago da República de Vanuatu antes de que o ciclón Pam o devastase a principios de 2015. As imaxes constitúen un documento fantasmagórico dun ecosistema que foi alterado irrevogablemente.

Produción: Ben Rivers
Distribución: Lux, matt@lux.org.uk

Estrea en España

THE EXQUISITE CORPUS
O CADÁVER EXQUISITO
Peter Tscherkassky | 2015 | Austria | 19:00 | EXP | B/N

Un collage da erótica dos anos sesenta (e posterior) elaborado con mestría é editado para crear un soño húmido surrealista.

Produción: Peter Tscherkassky
Distribución: Six Pack Film, gerald@xispackfilm.com

EXPLORA 3
Teatro Principal | Mércores 5 de outubro | 18:30h | 1h 33 min.

VINTAGE PRINT
COPIA ANTIGUA
Siegfried A. Fruhauf | 2015 | Austria | 12:58 | EXP | COL

O punto de partida da miña exploración é unha vella fotografía que debeu de ser tomada cara a finais do s. XIX, cando o cine se acababa de inventar e as imaxes apenas comezaran a moverse. A súa orixe data dunha etapa de transición entre a imaxe fixa e a imaxe en movemento. Mediante a creación dunha gran variedade de duplicados dunha única imaxe, tento darlle o carácter temporal e contemporáneo propio do cine.

Produción: Siegfried A. Fruhauf, siegfried.fruhauf@gmx.at
Distribución: Six Pack, Film gerald@xispackfilm.com

Estrea en España

SOMETHING BETWEEN US
ALGO ENTRE NÓS
Jodie Mack | 2015 | EUA | 09:55 | EXP | COL

Un coreografiado estudo de movemento con abelorios rutilantes, adornos brillantes e escintileos fulgurantes. Un ballet en chamas (de alegre e cegadora bixutaría en ebulición).

LIVE TO LIVE
VIVIR PARA VIVIR
Laida Lertxundi | 2015 | EUA, España | 10:02 | EXP | COL

O corpo, un espazo de produción, crea as estruturas dunha película.

Produción: Laida Lertxundi, lertxundi@gmail.com
Distribución: Lux, matt@lux.org.uk

EXODUS
Nicolas Provost | 2015 | Portugal, Países Baixos | 17:21 | EXP, DOC | COL

Exodus é un filme non narrativo, editado a modo de presentación de diapositivas con imaxes en vivo no que Provost viaxa a través de 4 estados do oeste dos Estados Unidos de América facendo composicións de paisaxes e situacións que evocan unha beleza cinematográfica.

Produción: Curtas Metragens C.R.L.  liliana@curtas.pt
Distribución: Portuguese Short Film Agency, liliana@curtas.pt

Estrea en España

BENDING TO EARTH
Rosa Barba | 2015 | EUA, Alemaña | 15:11 | EXP, DOC | COL

Desde una poética más bien personal, la película llama la atención sobre la relación que existe entre los vertederos de desechos radiactivos y los majestuosos paisajes que los rodean; una relación que nosotros hemos iniciado, pero que se prolongará mucho más allá de nuestras cortas vidas.

Produción: Rosa Barba www.rosabarba.com
Distribución: Studio Rosa Barba, caroline@rosabarba.com

Estrea en España

AN AVIATION FIELD
UN CAMPO DE AVIACIÓN
Joana Pimenta | 2016 | EUA, Portugal, Brasil | 13:50 | EXP | COL

Un campo de aviación nun suburbio descoñecido. O lago baixo a cidade queima as rúas. As montañas lanzan rochas aos xardíns. No cráter dun volcán en erupción, unha cidade modelo brasileira álzase e esvaece. Dúas persoas atópanse nesta paisaxe, con 50 anos de diferenza.

Produción: Terratreme Filmes, info@terratreme.pt
Distribución: Portuguese Short Film Agency, liliana@curtas.pt

Estrea en España

MONTAÑAS ARDIENTES QUE VOMITAN FUEGO
MONTAÑAS ARDENTES QUE VOMITAN LUME
Helena Girón, Samuel Delgado | 2016 | España | 13:36 | EXP, DOC | COL

O interior da terra convértese nun refuxio fronte á ameaza que se aproxima á illa. Os tubos volcánicos actúan como vasos comunicantes entre espazos e tempos. Neles experiméntase a resistencia.

Produción: La Banda Negra, http://labandanegra.net/
Distribución: La Banda Negra, helenagiron@gmail.com; samuelmdelgado@gmail.com

Estrea en España

EXPLORA 4
Teatro Principal| Sábado 8 de outubro | 22:15h | 1h 10 min.

NUESTRA AMIGA LA LUNA
A NOSA AMIGA A LÚA
Velasco Broca | 2016 | España | 14:47 | FIC, EXP | B/N

Hadji é un mozo hindú con limitacións físicas que vive humildemente na ribeira do Ganxes. Tras perder o pouco que ten, é aceptado como discípulo por un guía espiritual de orixe rusa. Esta alianza dará lugar a uns extravagantes episodios que terán a súa repercusión, a través dun principio sincrónico, noutros puntos de occidente. Esta breve película está inspirada no texto gnóstico do século III “O himno da perla”.

Produción: Bravo Tango Zulu, Terranova, hello@bravotangozulu.com
Distribución: Bravo Tango Zulu, hello@bravotangozulu.com

NEW MADRID
Natalia Marin | 2016 | España | 10:05 | ANI, EXP | COL

New Madrid é un ensaio experimental sobre as cidades construídas como simulacro e sobre a utopía fracasada resultado da investigación dos oito pobos chamados Madrid dos Estados Unidos de América.

Produción: Natalia Marín, nataliamsancho@gmail.com
Distribución: Natalia Marín, nataliamsancho@gmail.com

ICE 
XEO
Robert Todd | 2015 | EUA | 08:42 | EXP, DOC | B/N

Seguindo a sensación dun branco e negro que ascende e descende a través de grutas e chairas, ata o final da imaxinación terrestre do XEO.

Produción: Robert Todd, robert_todd@emerson.edu
Distribución: Robert Todd, robert_todd@emerson.edu

CENTRE OF THE CYCLONE
O CENTRO DO CICLÓN
Heather Trawick | 2015 | EUA | 18:36 | EXP, DOC | COL

Na provincia da mente non hai límites. No entanto, na provincia do corpo hai límites definidos que non se poden transcender” (John C. Lilly). Unha invocación á transcendencia do corpóreo ao metafísico, mariñeiros abandonados guían a transición, un momento de oportunidade celestial, de carreiras de destrución, e unha inmersión no éter.

Production: Heather Trawick, heathertrawick@gmail.com
Distribution: Heather Trawick, heathertrawick@gmail.com

Estrea en España

ENGRAM OF RETURNING
Daïchi Saïto | 2015 | Canadá | 18:31 | EXP | COL

Acompañada por unha composición extraordinaria do músico Jason Sharp, fincado en Montreal, Engram of returning, de Daïchi Saïto, é un épico e metafísico diario de viaxe filmado en CinemaScope de 35 mm que revela un mundo sobrenatural que palpita e escintila con patróns regulares e tonalidades escuras.

Produción: Daïchi Saïto
Distribución: Light Cone, CFMDC,  baptiste.degas@lightcone.org