Sección de cinema infantil. Películas que farán vibrar –e pensar– aos máis pequenos. A mellor forma de xerar e educar a mirada do noso público futuro.


CRIATURAS
Teatro Principal | Luns 3 de outubro | 10:00h
Teatro Principal | Martes 4 de outubro | 11:30h
Teatro Principal | Mércores 5 de outubro | 10:00h
Teatro Principal| Xoves 6 de outubro | 11:30h
30 min.

DUNDER
DISTRAÍDAMENTE
Endre Skandfer | 2015 | Noruega | 10:09 | ANI | COL

Bulder, un monstro salvaxe e moi gracioso, anda a xogar coa súa mellor amiga, Modika. A súa loita con bólas de neve vese interrompida cando o caladiño Lex invita a Modika a estudar as folerpas; Bulder tenta atraer a atención de Modika cunha bóla ben dirixida que lle atina a Lex en plena cabeza, o que provoca o enfado e o rexeitamento de Modika. Xa só, Bulder descobre logo unha cova que garda un secreto espectacular, pero os seus celos lévano a concibir un plan malicioso para volver ser obxecto da atención de Modika. Un plan que talvez chegue a lamentar.

 

PICA PICA, HISTORIA D’UNE PIE INSATIABLE
INSACIABLE PICA PICA, HISTORIA DUNHA PEGA INSACIABLE
Mojgan Ghanaatgar | 2016 | Suiza | 06:11 | ANI | COL

Nunha vila pequena disposta arredor dunha rotonda, a vida discorre pacificamente; cadaquén se ocupa do seu e todo vai como debe, ata que se produce a chegada dunha pega insaciable.

Produción: Nadasdy Film Sarl, RTS Radio Télévision Suisse info@nadasdyfilm.ch
Distribución: Nadasdy Film info@nadasdyfilm.ch Estreno en España Spanish premiere

MOROSHKA
A MORA ÁRTICA
Polina Minchenok | 2016 | Rusia | 07:40 | ANI | COL

A aldea enteira tenlle medo ó gran lobo gris de grandes cairos, mais unha nena reúne o valor necesario para axudar o animal e os dous fanse amigos.

Producción: Soyuzmultfilm info@souzmult.ru
Distribución: Soyuzmultfilm info@souzmult.ru

Estrea en España

A JOHNY EXPRESS
UN JOHNY EXPRESS
Kyungmin Woo | 2014 | 05:25 | Corea del Sur ANI | COL

Johnny, mensaxeiro espacial, viaxa polo cosmos para entregar un paquete. A súa nave logo chega a un planeta pequerrecho no que ten de deixar o envío; é tan cativo que Johnny ha mirar con lupa para velo. O rapaz vai polos lugares buscando o destinatario, pero non dá atopado a ninguén nin nada en ningures, e do que non se decata é de que esta avanzada civilización alieníxena é, de feito, de tamaño microscópico, tan pequena que resulta case invisible. Segundo Johnny vai indo polo planeta á procura do destinatario do paquete, destrúe pouco a pouco cidades extraterrestres enteiras, minúsculas e de cor púrpura.

Produción: James Woo jamesworks02@gmail.com
Distribución: Alfred Imageworks kaniseed@naver.com