Nun momento en que tanto a Filmoteca Nacional como a maioría das autonómicas atravesan unha etapa crítica, ameazadas coa desaparición das súas máis fundamentais misións a de ser un arquivo vivo e atento á evolución da cinematografía nacional e á preservación da súa historia, e a de desenvolver un labor pedagóxico continuo dando cabida tanto ás novas creacións internacionais como a revisións de obras do pasado, faise especialmente importante para Curtocircuíto conceder a Carta Branca desta edición a quen durante trinta anos desempeñou estas tarefas, e moitas outras, de maneira impecable e encomiable á fronte de Filmoteca Española. Esta Carta Branca quere converterse así na nosa sincera homenaxe a un ilustre galego que é xa todo un referente da cinematografía en España.

CARTA BLANCACARTA BRANCA: CHEMA PRADO
Numax | Venres 7 de outubro | 20:00h | 1h 13 min.

DOURO FAINA FLUVIAL
EL DUERO, TRABAJO FLUVIAL
Manoel de Oliveira | 1931 | Portugal | 18:29 | DOC | B/N

Documental que observa a xente que traballa na ribeira do río Douro ao seu paso pola cidade do Porto

Produción: Manoel de Oliveira
Distribución: Cinemateca Portuguesa, cinemateca@cinemateca.pt

PULL MY DAISY
Robert Frank, Alfred Leslie | 1959 | 27:36 | EUA | FIC | B/N

Milo é un gardafreos de ferrocarril; a súa muller é pintora. Teñen algúns amigos poetas que adoitan pasar bastante tempo no seu apartamento. Cando Milo e a súa muller reciben a visita do seu bispo, naturalmente desexan que os seus amigos se comporten o mellor posible. Mais os poetas son como son.

Produción: Robert Frank, Alfred Leslie

SAUTE MA VILLE
FAI ESTOUPAR A MIÑA CIDADE
Chantal Akerman | 1968 | Bélxica | 13:07 | FIC | B/N

Unha moza péchase no seu apartamento e alí pasa toda a noite actuando dun xeito estraño.

Produción: Chantal Akerman
Distribución: Cinémathèque Royale in Brussels, access@cinematek.be

LEO ES PARDO
LEO É PARDO
Ivan Zulueta | 1976 | España | 9:51 | FIC; EXP | COL

Iván Zulueta filmou Leo es Pardo para experimentar con texturas, sons e formatos, e cuestionar os canons cinematográficos do cine comercial en voga. O filme introduce o tema da dualidade e o desdobramento da personalidade (Jekyll e Hyde), recorrente na súa obra. Foi presentada no Festival de Berlín.

Produción: Augusto Martínez Torres, aparajito@telefonica.net
Distribución: Augusto Martínez Torres, aparajito@telefonica.net

TATUAJE
TATUAXE
Jaime Chávarri | 1976 | España | 4:40 | VIDEOCLIP | COL

Dirixido por Jaime Chávarri e acompañado por Marisa Paredes, Pedro Almodóvar interpretou esta curtametraxe na que os actores dramatizan e ironizan sobre a famosa copia.

Distribución: RTVE, atencion.instituciones@rtve.es

ALUMBRAMIENTO
PARTO
Víctor Erice | 2002 | España | 10:51 | FIC | B/N

Parto, filmada en branco e negro, preséntanos os primeiros dez minutos de vida dun ser que vai quedar marcado polo momento e as circunstancias en que nace: o 28 de xuño de 1940 no País Vasco, durante a II Guerra Mundial. Despois do parto, fundida cos sons do campo, unha nana trata de consolar o choro do recentemente nado. Curtametraxe incluída no filme colectivo Ten Minutes Older: The Trumpet.

 

Produción: Nautilus Films, info@rosebudtalleresdecine.com
Distribución: Nautilus Films, info@rosebudtalleresdecine.com