Selección internacional de títulos que marcan tendencia tanto no cine de fición coma no de non-fición. Cineastas experimentados conviven con novos realizadores; obras avaladas por premios en festivais de todo o mundo dialogan con novas propostas que Curtocircuíto quere dar a coñecer

RADAR 1
RADAR 2
RADAR 3
RADAR 4
RADAR 5


RADAR 1
Teatro Principal | Luns 3 de outubro | 20:15h | 1h14min

EXCURSÕES
EXCURSIÓNS
Denis Coté | 2015 | Portugal, Canadá | 23:25 | FIC | COL

En Lisboa, Claudia ofrece visitas guiadas que percorren a cidade e as súas áreas lindeiras; pola noite pasa o tempo coa súa irmá nun piso modesto. En Lisboa, o solitario Martinho, que domina o italiano con fluidez, serve de guía aos turistas por toda a cidade; pola noite ve documentais en Internet e le textos sobre astronomía. En Lisboa, un grupo fai unha sesión improvisada; están a tocar noise jazz. En Lisboa, un fenómeno misterioso satura o aire; Claudia e Martinho, dous corazóns solitarios, vanse atopar discretamente ao son da música.

Produción: IndieLisboa – Associação Cultural, Denis Coté portugalfilm@indielisboa.com
Distribución: Portugal Film, portugalfilm@indielisboa.com

Estrea en España

PERIPHERIA
PERIFERIA
David Coquard-Dassault | 2015 | Francia | 12:20 | ANI | COL

Unha viaxe ao corazón dun vasto terreo municipal abandonado. Periferia é o retrato dunha contorna urbana que se torna salvaxe, unha moderna Pompeia onde sopra o vento e vagan os cans, mentres se apagan os restos de vida humana.

Produción: Autour de Minuit, info@autourdeminuit.com
Distribución: Autour de Minuit, annabel@autourdeminuit.com

Estrea en España

O PASSARO DA NOITE
O PAXARO DA NOITE
Marie Losier | 2015 | Portugal, Francia | 20:06 | FIC | COL

Un retrato misterioso de Fernando, tamén coñecido como Deborah Krystal, o rutilante e poético artista do club lisboeta Finalmente, onde leva trinta anos actuando todas as noites cos seus traxes dourados. Baixo as vistosas capas de tea revélanse as moitas peles de Fernando, que permiten así que as lendas de Lisboa cobren vida. Xa sexa unha sirena, unha ave femia ou unha leonesa, vémonos transportados aos desexos e soños de metamorfoses e mito.

Produción: IndieLisboa – Associação Cultural, Marie Losier portugalfilm@indielisboa.com
Distribución: Portugal Film, portugalfilm@indielisboa.com
Estrea en España

COMING OF AGE
MAIORÍA DE IDADE
Jan Soldat | 2016 | Alemaña | 13:22 | DOC | COL

A “tarde dun pai co seu fillo” que planearan transfórmase nunha conversa sobre modelos masculinos que imitar… ata que se reparen eses modelos.

Produción: Jan Soldat, jan.soldat@yahoo.de
Distribución: Jan Soldat, jan.soldat@yahoo.de

Estrea en España

HAPPY END
FINAL FELIZ
Jan Saska | 2015 | República Checa | 05:43 | ANI | B/N

Unha comedia negra sobre a morte con final feliz. Unha espléndida cadea de encontros improbables. Cazadores, un condutor de tractores, un rapaz discotequeiro e un cadáver.

Produción: Studio FAMU
Distribución: Studio FAMU, kamila@dohnalova.net

Estrea en España

RADAR 2
Teatro Principal | Martes 4 de outubro | 20:15h | 1h25min

VITA LAKAMAYA
Akihito Izuhara | 2015 | Xapón | 07:30 | ANI | COL

Nos bosques dormen todas as criaturas.
Escoita con atención a súa respiración sosegada.
Son os sons deste mundo inocente chamado Vita Lakamaya…

Produción: Izuhara Akihito, mngsteen@t3.rim.or.jp
Distribución: Studio Mangposteen, mngsteen@t3.rim.or.jp

Estrea en España

LÉTHÉ
Dea Kulumbegashvili | 2016 | Francia, Georgia | 15:04 | FIC | B/N

Ás beiras do río do esquecemento, un xinete solitario cruza unha aldea na que os nenos xogan con desexos ocultos, os adultos se divirten nun festexo e a violencia e o amor forman, instintivamente, parte da vida.

Produción: First Picture, ilan@firstpicture.fr
Distribución: L’agence du court métrage, N.Lebel@agencecm.com

Estrea en España

OCEAN HILL DRIVE
Lina Sieckmann, Miriam Gossing | 2016 | Alemaña | 20:34 | DOC | COL

En Ocean Hill Drive estúdase un fenómeno moi pouco común: a chamada proxección de sombras, que neste caso se produce nunha área residencial das aforas de Boston. Por mor da instalación incorrecta dun aeroxerador, xérase un escintileo de sombras que se inmisce na esfera doméstica de varios fogares do lugar.

Produción: Academy of Media Arts Cologne, presse@khm.de
Distribución: Academy of Media Arts Cologne, archiv@khm.de

Estrea en España

MATA ATLÁNTICA
Nicolas Klotz, Elisabeth Perceval | 2016 | Francia, Brasil | 34:22 | DOC | COL

Unha nena desaparece nun bosque situado no corazón do brasileiro São Paulo.

Produción: Films du Pressoir
Distribución: Films du Pressoir

Estrea en España

Y’A-T-IL UNE VIERGE VIVANTE?
QUEDA ALGUNHA VIRXE VIVA?
Bertrand Mandico | 2015 | Francia | 08:46 | FIC | COL

Segundo conta unha lenda, Xoana de Arco non morreu na fogueira, senón que se queimaron os seus ollos e a desflorou un semental inglés. Despois foi condenada a vagar polo campo de batalla como un animal preeiro que anda á procura de vida e tenta atopar aquelas virxes que queden vivas.

Produción: Ecce Films, contact@eccefilms.fr
Distribución: Ecce Films, avril@eccefilms.fr

Estrea en España

RADAR 3
Teatro Principal | Xoves 6 de outubro | 20:15h | 1h 04min

MISSING ONE PLAYER
UN XOGADOR MENOS
Lei Lei | 2015 | China | 04:24 | ANI | COL

Durante unha partida de mahjong algo sae mal. Todos esperan a que apareza o último xogador; ningún dos tres ten máis alternativa que agardar alí sentado, choroso e en silencio. Con todo, cren firmemente que o cuarto xogador vai vir e alzan os ollos ao ceo, esperando a que se produza o milagre.

Produción: Lei Lei, milk527@gmail.com
Distribución: Cut-Up Distribution, distribution@cut-up.tv

Estrea en España

IMPORT
IMPORTACIÓN
Ena Sendijarevic | 2016 | Países Baixos | 16:40 | FIC | COL

Unha familia de novos refuxiados bosníacos acaba nunha pequena aldea dos Países Baixos despois de obter un permiso de residencia en 1994. Mentres tentan facer deste novo mundo o seu fogar, prodúcense unha serie de situacións absurdas.

Produción: Pupkin Film, info@pupkin.com
Distribución: Some Shorts, info@someshorts.com

Estrea en España

TOUT SIMPLEMENT
SIMPLE E SINXELAMENTE
Raphael Ouellet | 2016 | Canadá | 12:24 | FIC | COL

Simple e sinxelamente é unha xanela á vida de catro personaxes que comparten un profundo sentimento de soidade mentres loitan por facer realidade unhas ansias secretas de achar o seu lugar.

Produción: Annick Blanc, annickblanc@yahoo.ca
Distribución: La Distributrice de Films, info@ladistributrice.ca

Estrea en Europa

VALERIA
Erin Vassilopoulos | 2016 | EUA | 20:08 | FIC | COL

Cando lle dan a alta despois dun transplante parcial de face, a Eva asáltaa unha curiosidade insaciable acerca da doante, a quen se sente incriblemente unida. Na súa procura de máis información sobre esta muller anónima, fai unha serie de descubrimentos que a levan a un territorio inexplorado.

Produción: Alex Scharfman, Emily Iason, alexscharfman@gmail.com
Distribución: Erin Vassilopoulos, erin.vassilopoulos@gmail.com

Estrea en España

WHEN YOU AWAKE
CANDO ESPERTAS
Jay Rosenblatt | 2016 | EUA | 11:15 | DOC, EXP | B/N

Un estudo acientífico e cómico do que ocorre cando dúas persoas quedan hipnotizadas, situación que conduce a unha estimulante viaxe pola mente inconsciente (o depósito dos medos, os desexos, a agresividade e as ilusións), onde todas as imaxes, sons e músicas están tomadas de metraxe atopada.

Produción: Jay Rosenblatt, jayr@jayrosenblattfilms.com
Distribución: Jay Rosenblatt, jayr@jayrosenblattfilms.com

Estrea en España

RADAR 4
Teatro Principal | Venres 7 de outubro | 20:15h | 1h 15min

OVER
FIN
Jörn Threlfall | 2015 | Reino Unido | 13:49 | FIC | COL

Fin presenta o lugar onde se cometeu un delito. No transcurso de nove planos panorámicos, narrados á inversa, somos testemuñas do despregamento dunha intrigante historia. Que ocorreu neste barrio tan tranquilo? Un asasinato, un atropelo despois do cal o condutor se deu á fuga, un accidente? A realidade é fonda, e profundamente inesperada.

Produción: Lenaray Films Ltd, info@jornthrelfall.com
Distribución: Lenaray Films Ltd, info@jornthrelfall.com

NYC 1991
Paulo Abreu | 2015 | Portugal | 24:31 | DOC | B/N

Metraxe filmada en Super 8 na cidade de Nova York, tomada en 1991 e publicada vinte e cinco anos despois, co Dirty Windows de Le Ranaldo como banda sonora.

Produción: Paulo Abreu, daltonicbrothers@yahoo.es
Distribución: Paulo Abreu, daltonicbrothers@yahoo.es

Estrea en España

CHRIS OLSEN: THE BOY WHO CRIED
O NENO QUE CHORABA
Mark Rappaport | 2016 | Francia, EUA | 17:01 | DOC | COL, B/N

Chris Olsen, actor xa desde neno, apareceu en películas dos mellores directores dos cincuenta. Malia ter actuado nalgunhas das películas máis representativas da década dos cincuenta, nunca chegou a acadar a fama. “Retirouse” aos dez anos. Analizando a súa vida como actor infantil, tenta atopar o vínculo que existe entre os seus filmes. E conségueo.

Produción: Mark Rappaport, marrap@noos.fr
Distribución: Mark Rappaport, marrap@noos.fr

Estrea en España

MY LAST FILM
O MEU DERRADEIRO FILME
Zia Anger | 2015 | EUA | 08:59 | FIC | COL

Un díptico de dúas actrices.

Produción: Joseph Mastantuono, Jake Perlin, Cate Smierciak, Rachel Wolther
Distribución: Lavender Hill Films, lavenderhillfilms@gmail.com

Estrea en España

DECORADO
Alberto Vázquez | 2016 | España, Francia | 11:13 | ANI | B/N

O mundo é un escenario marabilloso, mais ten un elenco deplorable.

Prodcción: UniKo Studio, Autour de Minuit
viajeapies@uniko.com.es; info@autourdeminuit.com
Distribución: Autour de Minuit, annabel@autourdeminuit.com

RADAR 5
Teatro Principal | Sábado 8 de outubro | 20:15h | 1h 13min

A BRIEF STORY OF PRINCESS X
BREVE HISTORIA DA PRINCESA X
Gabriel Abrantes | 2016 | Francia, Portugal, Reino Unido | 07:09 | DOC, FIC | COL

Unha mirada á historia da Princesa X, un falo dourado futurista obra de Brâncuși, esculpido en bronce, que é en realidade un busto de María Bonaparte, sobriña neta de Napoleón.

Produción: Les Films du Bélier, Herma Films
contact@lesfilmsdubelier.fr; hermafilms@gmail.com
Distribución: Agência – Portuguese Short Film Agency , agencia@curtas.pt

Estrea en España

DREAMLANDS
MUNDOS DE FANTASÍA
Sara Dunlop | 2016 | Reino Unido | 14:31 | FIC | COL

Pixie, de dezasete anos, e os seus amigos pasaron os últimos meses mergullados nun mundo novo e estraño, o da experimentación. Cando chega a descoñecida Blondie, na época en que o verán dá as súas últimas rabexadas, os costumes da cuadrilla ven forzadas a cambiar ao empezar Pixie a debaterse cuns sentimentos inesperados.

Produción: Rattling Stick and Dunlop Films Ltd, ellie@rattlingstick.com
Distribución: Rattling Stick and Dunlop Films Ltd, ellie@rattlingstick.com

Estrea en España

DEEP BLUE
AZUL ESCURO
Joe Nankin | 2016 | EUA | 15:02 | FIC | COL

Unha moza menonita abriga en segredo unha historia de amor na véspera do seu bautismo. Sepulta en dúbidas acerca de cal é o seu lugar espiritual, do amor carnal e da identidade, Eva busca ás apalpadelas un punto

Produción: Joe Nankin; Bradley Smith; Irma Kollar; Sprinkle lab joenankin@gmail.com; smith.fire@gmail.com; kollar.irma@gmail.com; cameron@sprinklelab.com
Distribución: Joe Nankin, joenankin@gmail.com

Estrea en España

NOTRE HÉRITAGE
O NOSO LEGADO
Jonathan Vinel coa colaboración de Caroline Poggi | 2015 | Francia | 24:13 | FIC | COL

Lucas é fillo do famoso pornógrafo Pierre Woodman. Velaquí a súa historia.

Produción: La fémis, festival@femis.fr
Distribución: La fémis, festival@femis.fr

PLANEMO
Veljko Popovic | 2015 | Croacia | 13:30 | ANI | COL, B/N

Nunha sociedade na que todo o mundo orbita mecanicamente ao redor das súas rutinas diarias, que pasa cando unha persoa se ve expulsada do sistema? Que ben se podería atopar, moi pronto, desaloxada da zona habitable.

Produción: Krupni kadar / Lemonade3d; 3D2D ANIMATORI veljko@lemonade3d.com
Distribución: Bonobostudio, vanja@bonobostudio.hr

Estrea en España