THE COSMIC DEAD + EQUATIONS + PABLO ELECTROCUTE
Sala Capitol | Sábado 8 de outubro | 21:30h (Apertura de portas: 21:o0h) | Entrada: 12 €
Puntos de venda: Billeteira do Teatro Principal, entradas.abanca.com ou billeteira da Sala Capitol unha hora antes do concerto
En colaboración con WOS

The Cosmic Dead

Son un dos segredos mellor gardados da música escocesa. Unha banda de auténtico rock psicodélico e interestelar, posuidora dun directo demoledor e catártico. A súa música susténtase sobre elaboradas suites sonoras onde dan renda solta á súa enorme capacidade improvisadora coa que transportan á audiencia a universos eléctricos. Unha liberdade que tamén se deixa translucir nunha política discográfica tan xenerosa como en ocasións esquiva, onde demostran unha predilección militante polo formato casete. Ademais, os seus discos adoitan quedar descatalogados ás poucas semanas de editarse, cando non se lanzan directamente de forma dixital ou se autoeditan en CD-R, e con frecuencia recorren ao concepto colaborativo do split record para mostrar as súas afinidades. Todo isto reforza a súa condición de banda de culto nunha época na que semella que se perdeu a esencia deste concepto.

Equations

Equations son un novo expoñente da música portuguesa e unha mostra máis da intensidade e calidade da escena do Porto. Tras tres anos de funcionamento, no seu último disco, Hightower (Lovers & Lollypops, 2015), o estilo da banda foi desenvolvéndose cara a unha aceda ligazón entre o space rock e o pop psicodélico, deixando un pouco de lado o math rock progresivo do seu primeiro álbum, Frozen caravels (Lovers & Lollypops, 2012). Unha acertada aposta que puideron pasear en Reverence Festival 2014, Wosinc 2015 e Liverpool International Festival of Pyschedelia 2015.  

Pablo Eletrocute

Entre o eclecticismo e o pastiche, entre a disonancia e a orde metronómica, Pablo Electrocute, zahorí de músicas ocultas e coleccionista compulsivo, concentra toda a súa experiencia e coñecemento, un pasado de música cargada de enerxía capaz de sobrevivir, grazas á súa pulsión rítmica, ao incerto futuro dunha audiencia que, en xeral, disocia diversión e baile. Desde os seus inicios como cofundador do Electrocute Zine a principios da década pasada, obsesionado polo vinilo como fonte de son, comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. No 2007 fincouse en Berlín, onde ademais de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a novos territorios, rompendo fronteiras, concentrándose na fusión multicultural na súa faceta como picadiscos e descubrindo que os patróns rítmicos de África están en todas partes, impresos en cor vermella profunda. Pablo Electrocute elabora colaxes sonoras creando atmosferas que dan conta dos procesos de transformación emocional e espacial que xeran a música.

http://wosfestival.workonsunday.es/

CELESTIAL BUMS + CAMARADA NIMOY + DJ INVITADO
Riquela Club » Xoves 6 de outubro, 00:00h. (Apertura de portas 23:45h) Entrada: » 6€
Puntos de venda: Billeteira do Teatro Principal ou http://www.entradas.abanca.com
Coa colaboración de WOS

Celestial Bums

Celestial Bums golpea directo ao corazón cun traballo de psicoledia morderna e líquida. Despois dun EP autoeditado e un 10” compartido en Psyilocybin Sounds cos seus agora compañeiros de selo Helicon, a banda publica o seu primeiro longa duración no selo belga EXAG Records. Ascend disecciona un amplo espectro de psicodélicas paisaxes musicais, que van desde unha mestura de rock onírico e brumoso ata mantras drónicos repletos de fuzz e progresións enerxéticas ao estilo Velvet Underground. O álbum foi gravado nos Cacophony Studios de Austin (Texas) e foi producido por Kyle Hunt (The Black Angels).

“…O seu plan é levarnos a unha fermosa viaxe; unha viaxe a través reinos espazosos e non terreais, e iso é exactamente o que fan”. The Sound of Confusion (Reino Unido).

“Barcelona’s Celestial Bums providing the early thrills courtesy of their organ-led Jonestown-esque space rock”. Drowned In Sound (UK)

Camarada Nimoy

Camarada Nimoy non son unha banda psicodélica, nin de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Levan baixo o brazo o seu último LP “Alucinacións acústicas” a todos os seus concertos, onde poñen a funcionar o seu artefacto sonoro-visual. O 1º LP editado no 2013 xa está esgotado e este segundo vai camiño do mesmo.

Neste último traballo decidiron darlle unha volta máis as súas eclécticas formulacións e fuxir do conformismo; psicodelia, kraut, surf, lounge, etc conviven co seu son fortemente recoñecible.

http://wosfestival.workonsunday.es/

SIESTA! + DRAGÃO INKOMODO + LA ISLA DEL TESORO
Riquela Club » Venres 7 de outubro, 00:00h (Apertura de portas 23:45h) | Entrada » 6€
Puntos de venda: Billeteira Teatro Principal ou http://www.entradas.abanca.com

La Melona é un colectivo cultural fincado en Santiago de Compostela desde setembro de 2015. Formado por un pequeno grupo de rapaces cuxa mocidade é inversamente proporcional ao seu interese e empeño por dinamizar o lecer nocturno e cultural da cidade.

SIESTA!

Siesta! é unha banda de Valencia formada por Jonathan Cremadas e Pepe Ábalos. Fan punk, electrónica, psicodelia, rock ou todo xunto; a súa música constrúese a base de loops gravados en directo, e mergúllase no hipnotizante e repetitivo mundo de dous gorilas asfixiados que tocan os tambores no ritual eterno no que o material se engole e a alma se esparexa. Mesmo Sanae Yamada, teclista de Moon Duo, durante o seu concerto do Txiki Psych Fest en Donostia quedou abraiado vendo o dúo valenciano.

DRAGÃO INKOMODO

Cunha disposición pouco vista para a creación, apetece dicir que no moi rico e peculiar universo de Dragão Inkomodo (onde o nonsense e o experimentalismo de Zappa parecen ter sempre unha palabra que dicir) cabe todo canto a imaxinación permite: big beat, techno lo-fi, pop vaporoso… Todos estes xéneros conviven pacífica e loxicamente nuns collages vívidos que Nuno Vicente imaxinou no seu cuarto e que, aos poucos, comezan a xurdir no escenario coa mesma vitalidade e liberdade que lle coñecemos en disco. Na que é a súa primeira aparición en terras galegas, Dragão Inkomodo viaxará a través dos moitos temas que compuxo ao longo de 2015 e presentará algunhas das estruturas nas que estivo traballando e que verán a luz en breve.

 

En esta, su primera aparición en tierras gallegas, Dragão Inkomodo viajará a través de los muchos temas que ha compuesto a lo largo de 2015 y presentará algunas de las estructuras en las que ha estado trabajando y que verán la luz en breve.

LA ISLA DEL TESORO

La Melona é un colectivo cultural fincado en Santiago de Compostela desde setembro de 2015. Formado por un pequeno grupo de rapaces cuxa mocidade é inversamente proporcional ao seu interese e empeño por dinamizar o lecer nocturno e cultural da cidade.
Desde o seu comezo, a súa programación foi crecendo mes a mes, xerando un bo número de fieis que acoden a gozar das súas propostas.

http://wosfestival.workonsunday.es/

CURTAS VILA DO CONDE SOUNDSYSTEM
Riquela Club | Sábado 8 outubro | 2:30h
Entrada de balde, ata completar a capacidade

Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cine ten unha sólida tradición de eventos musicais á parte do seu núcleo de programación cinematográfica, que se explica polo desexo do festival de integrar outras formas artísticas relacionadas co cine, así como polo interese persoal pola música dos membros do seu equipo e dos seus programadores.

Neste caso particular, a música proposta por Miguel Dias e Sérgio Gomes é tamén unha boa analoxía doutro importante trazo do festival: o diálogo entre historia e cine innovador, cubrindo xéneros desde o obscure soul e o deep funk ata os seus contrapuntos electrónicos como o ghetto-funk, glitch-hop e future beats.

Miguel Dias é un coleccionista de discos interesado en todas as formas de jazz, soul, funk e música latina e africana, especialmente dos sesenta e setenta. Tamén forma parte dos Sete Magníficos, un colectivo de DJ do Porto con debilidade polos 7” clásicos.

Sérgio Gomes é DJ desde 1998. Desde sempre mostrou interese pola música contemporánea e avant-garde. Tamén promove eventos de música electrónica en Portugal co seu selo BREAKS lda. e conduce un programa de radio semanal en RUM (Rádio Universiária do Minho).

www.curtas.pt

CURTAS VILA DO CONDE SOUNDSYSTEM mesturado por MIGUEL DIAS
Escoitar aquí | Descargar aquí

CURTAS VILA DO CONDE SOUNDSYSTEM mesturado por SÉRGIO GOMES | BREAKS lda.
Escoitar aquí | Descargar aquí