TODO VAI SER DIFERENTE: JAVI ÁLVAREZ

CGAC  » Luns 3 de outubro » 10:00 – 14:00h | 16:00 – 20:00h
Prezo: 20 € (10 € USC) | Prazas: 15 (3 USC) | Inscrición: aberta ata completar prazas.


2-cartaz-cgac-limpo-web

Neste obradoiro falaremos de procesos de experimentación audiovisual partindo do uso de tecnoloxías sinxelas, dispositivos obsoletos, enxeñaría doméstica, circuit bending (modificación de xoguetes electrónicos), reciclaxe insólita e detrito dixital en xeral. E tal. Incidiremos particularmente nos usos antagónicos de tecnoloxías domésticas e o amateurismo como estratexia crítica fronte aos usos estandarizados das novas tecnoloxías na arte.

Isto vai de transformar algo vello en algo novo, e buscar o descoñecido no coñecido. Haberá algo de traballo de campo. Ou de interior. Tentaremos conducir os experimentos que se nos vaian ocorrendo cara a unha hipotética peza. A implicación de cada asistente ao taller na devandita peza é persoal e en ningún caso é imprescindible que a obra quede pechada. O que nos interesa é pór en marcha procesos de experimentación orientados a xerar recursos que poidan integrarse nas actividades habituais dos asistentes.

O obxectivo deste obradoiro é constituírse nunha degradación de sucesos degradándose sucesivamente.

Javi Álvarez

“Javi Álvarez (Fluzo, Dúo Cobra, Néboa, Dj de la muerte, La Follable…), dandi megatrónico, especialista en arte conceptual e xogos de palabras, descortiza calquera prexuízo con propostas eclécticas nas que se dan a man o psychobilly, a electrónica vintage, o desvarío punk e os entremeses musicais para xente convenientemente vestida e armada. Se imaxinan a orquestra de Lalo Schifrin tocando casiotiones no Restaurante da Fin do Mundo, estarán cerca de facerse unha idea…“
Sebastià Jovani

Nome * DNI
Profesión
EnderezoDirección * Cidade
Email * Teléfono *
Xustificante de pagamento

Xustificante de matrícula



A matrícula formalizarase a partir do día 17 de setembro, data na que se activarán as plataformas de pagamento. A partir dese día, o alumnado inscrito disporá de 72 horas para realizar o pago. No caso de que non se produza, a súa preinscrición carecerá de validez.

Para efectuar o pagamento, fai clic na seguinte ligazón: http://entradas.abanca.com/es/record-monograph/curtocircuito-2016/