FESTA DE PRESENTACIÓN

Sala Capitol  » Xoves, 29 de setembro » 21:00h
Entrada de balde ata completar capacidade


– Presentación breve do director
Live cinema Mecatrónica, de Música prepost
– Viño galego a cargo de Mara Martín e actuación de DJ prepost

copia-de-musica_prepost

Mecatrónica

Despois do seu último espectáculo de live cinema, Paraíso Tabú, Música prepost elixe a ciencia ficción como xénero narrativo, tanto polo seu poder subversivo como pola fascinación que produce especular sobre mundos futuros utópicos ou distópicos, achegándose a un dos enfoques deste xénero que máis nos interesa, as “preguntas últimas”.

Música prepost

Música prepost xorde da paixón que Fran Torres e Pablo Peña comparten polos vinilos vellos, maltratados e abandonados nas feiras. Amosan unha visión metalingüística, descrida, desenfadada e creativa das ferramentas de traballo musical e o obxecto tecnolóxico, escarvando e retorcendo todas as posibilidades de experimentación sonora e visual que atopan no mundo dos vinilos.


ACTO DE CLAURUSA

Teatro Principal  » Domingo, 9 de outubro » 20.30 h » Entrada de balde, previa retirada na billeteira do Teatro Principal


Como colofón á décimo terceira edición do festival, celebraremos un acto de clausura que consistirá en:

– Entrega dos premios aos gañadores das distintas categorías
– Proxección dunha selección das curtas gañadoras
Viño galego a cargo de Mara Martín