ENCONTRO CON ABEL FERRARA

TEATRO PRINCIPAL » Sábado 8 de outubro | 17:00 – 18:30h


abel_ferrara_4

Polémico e controvertido, o director italoamericano Abel Ferrara veu desenvolvendo desde finais dos anos sesenta unha filmografía impactante, chea de coherencia e personalidade. Máis próximo a Donald Siegel, Samuel Fuller, Sam Peckimpah ou Nicholas Ray que outros cineastas da súa xeración, as súas películas son a miúdo estalidos de violencia e rabia que conducen aos seus protagonistas á liberación das súas paixóns máis primarias.

Curtocircuíto ofrece nesta edición un amplo encontro con este singular cineasta onde repasar os seus primeiros pasos no cinema, as películas que máis lle influíron e as claves do seu propio estilo, entre outros temas.