OBRADOIRO INFANTIL
XOGUETES ÓPTICOS. O CINE ANTES DO CINE

UNITARIA » Domingo 2 de outubro » 10:00 – 14:00h e 16:00 – 17:30h
Prezo: 20 € | Prazas: 15


copia-de-imaxe_05

Neste obradoiro para nenos e nenas impartido por Manchea, volvemos ás orixes do cinema. O taumatropo, o zoótropo, o fenaquistiscopio… serán os encargados de amosarnos a capacidade e xenialidade que estes inventos posúen para contar historias.

O obradoiro está enfocado a explorar e comprender a percepción do movemento dos nosos ollos a través da animación.

Pensado para nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade, durante a actividade coordinada entre Laura Sánchez e Tono Galán, os rapaces manipularán e crearán distintos xoguetes ópticos co fin de realizar a gravación dunha animación mediante estas antigas técnicas.

Pola tarde, os nenos e nenas reuniranse para visionar a sección Criaturas, da cal serán os encargados de outorgar o premio do xurado homónimo.

Nome * DNI
Profesión
EnderezoDirección * Cidade
Email * Teléfono *
Xustificante de pagamento

Xustificante de matrícula



A matrícula formalizarase a partir do día 17 de setembro, data na que se activarán as plataformas de pagamento. A partir dese día, o alumnado inscrito disporá de 72 horas para realizar o pago. No caso de que non se produza, a súa preinscrición carecerá de validez.

Para efectuar o pagamento, fai clic na seguinte ligazón: http://escolaunitaria.com/2016/09/15/xoguetes-opticos/