SOBRE A MÚSICA E OS RUIDOS. XABIER ERKIZIA

CGAC » 5, 6 e 7 de outubro » 11:00 – 14:00h | 16:00 – 18:00h
Prezo: 50 € (25 € USC) | Prazas: 15 (5 USC) | Inscrición: aberta ata completar prazas


xabi_erkizia_2

Con este obradoiro, Curtocircuíto quere reivindicar o valor do son como un vehículo de linguaxe e expresión en si mesmo que, tradicionalmente, no ámbito cinematográfico quedou supeditado á hexemonía da imaxe.

Sobre a música e os ruídos

Así titulaba Andrei Tarkovsky (ou polo menos así foi traducido) ó único e breve capítulo que dedica á parte sonora do cine no seu xa clásico libro Esculpir o tempo. Un título claro e directo como o texto que o conforma, no que fala tamén dunha realidade propia do formato audiovisual. Malia que nas últimas décadas o ámbito visual do cine evolucionou tecnicamente de xeito exponencial, o sonoro, máis alá de multiplicar altofalantes, ficou instalado no pasado. Estas regras relativas ao son, que van desde a súa separación en bandas (voces, música e sons) ata a súa difusión predeseñada nos altofalantes, agochan, porén, unha realidade de valores. Valores que falan dunha linguaxe propia, regulada e calibrada tecnicamente e –grazas a isto– tamén narrativamente. Mestres como Hitchcock, Kubrick ou Walter Murch xogaron con esta linguaxe, cambiaron as separacións, expandiron os límites e repensaron os sons, ata que as súas novidades se converteron en regras. As nosas formas de ver e escoitar parecen destinadas a repetirse ciclicamente.

“No fondo eu tendo a pensar que o mundo xa soa moi ben por si mesmo”.

Así reza unha das frases máis destacables do texto referido ao son de Tarkovsky. Unha frase clara, e directa, moito máis antiga que o propio cine.

O obradoiro propón unha situación de análise teórico-práctica do uso do son como ferramenta narrativa na linguaxe cinematográfica. A través do visionado de filmes e dos diferentes usos nas obras audiovisuais (documental, ficción, animación), tentaremos comprender as claves de escoita que activamos á hora de enfrontarnos a unha obra audiovisual e ás relacións que establecemos con esta a través desas claves.

Nunha segunda parte do obradoiro, os participantes realizarán exercicios prácticos de gravación e edición. No taller tamén se analizarán varios aspectos técnicos básicos da gravación, edición e masterización do son para as obras audiovisuais.

Este obradoiro está dirixido a persoas con certo coñecemento do medio audiovisual, ben sexa desde ámbitos próximos ao documental, ao periodismo ou a disciplinas artísticas.

Para obtener más información sobre este taller puede escribir a actividades@curtocircuito.org

Nome * DNI
Profesión
EnderezoDirección * Cidade
Email * Teléfono *
Xustificante de pagamento

Xustificante de matrícula



A matrícula formalizarase a partir do día 17 de setembro, data na que se activarán as plataformas de pagamento. A partir dese día, o alumnado inscrito disporá de 72 horas para realizar o pago. No caso de que non se produza, a súa preinscrición carecerá de validez.

Para efectuar o pagamento, fai clic na seguinte ligazón: http://entradas.abanca.com/es/record-monograph/curtocircuito-2016/