CANTEIRAS

CGAC » Martes 4 de outubre » 16:30-18:00h
Entrada: de balde ata completar a capacidade


en_lina

Consideramos a alfabetización audiovisual como un dos factores clave na formación de futuros espectadores. Por este motivo, a través de Canteiras queremos presentar proxectos educativos  que tratan de capacitar o alumnado na creación e a reflexión audiovisual.

Nesta edición presentarán o seu traballo Aturuxo Films, iniciativa do I.E.S. de Cacheiras (Teo), que ten como obxectivo fomentar a creatividade e o traballo multidisciplinar do alumnado empregando as ferramentas TIC.

Ao longo dos seus dez anos de historia, varios son os recoñecementos obtidos polos seus traballos, entre os que destacan o Premio de Alfabetización Audiovisual 2014, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, así como os outorgados a varios traballos no Festival Cinema Jove, ou no Olloboi.

Nesta sesión proxectarase unha escolma dos seus traballos e, en colaboración co CMUS Santiago de Compostela, interpretaranse en directo parte das bandas sonoras compostas para esas pezas.

aturuxo_films_logo

logo_cmus_1