THE IMPOSSIBLE CINEMA. JONATHAN ROSENBAUM

CGAC » 4, 5, 6 e 7 de outubro » 11:00 – 14:00h
Prezo: 95 € (45 € USC) | Prazas: 30 (5 USC) | Inscrición: aberta ata completar prazas


©Klara Borealis
©Klara Borealis

Jonathan Rosenbaum é un dos principais atractivos da décimo terceira edición de Curtocircuíto. O crítico estadounidense, un dos máis influentes e respectados do panorama internacional, visita Galicia por vez primeira, onde impartirá un seminario ideado en exclusiva para Curtocircuíto.

The Impossible Cinema estará dedicado a filmes que, dun xeito ou outro, exceden —ou canda menos cuestionan— os límites convencionais do cine en termos de duración, tema, estilo, forma, xénero ou actitude.

Entre outros títulos, presentaranse:

1. I’ll Do Anything (musical version), (James L. Brooks)
2. The Asthenic Syndrome (Kira Miratova), The Last Boat (Bela Tarr)
3. Un soir, un train… (André Delvaux), Le horla (Jean-Daniel Pollet)
4. Universal Hotel/Universal Citizen (Peter Thompson), Les Statues meurent aussi (Alain Resnais), Don Quixote sequence (Orson Welles), Improvisation (Gjon Mili)

O obradoiro, de carácter teórico, impartirase en inglés e desenvolverase no CGAC ao longo de catro sesións de tres horas.

Para obter máis información sobre este obradoiro pode escribir a actividades@curtocircuito.org

Formulario de inscrición:

Nome * DNI
Profesión
EnderezoDirección * Cidade
Email * Teléfono *
Xustificante de pagamento

Xustificante de matrícula



A matrícula formalizarase a partir do día 17 de setembro, data na que se activarán as plataformas de pagamento. A partir dese día, o alumnado inscrito disporá de 72 horas para realizar o pago. No caso de que non se produza, a súa preinscrición carecerá de validez.

Para efectuar o pagamento, fai clic na seguinte ligazón: http://entradas.abanca.com/es/record-monograph/curtocircuito-2016/