ABEL FERRARA E SERGEI LOZNITSA EN CURTOCIRCUÍTO 2016

15/09/16

abel-ferrara

Dous convidados de excepción, o cineasta norteamericano Abel Ferrara e o documentalista ucraíno Sergei Loznitsa visitarán Compostela durante a vindeira edición de Curtocircuíto. Dúas personalidades de sona internacional, que chegan ao festival despois do seu paso por citas como Cannes, Venecia ou a Berlinale.

Abel Ferrara visitará Curtocircuíto en calidade de programador, realizando un programa especial para o festival compostelán no que se poderán ver algunhas das obras que considera fundamentais na súa formación como director. O norteamericano tamén protagonizará un encontro co público do festival no Teatro Principal da cidade, onde tamén presentará algunhas das curtametraxes que dirixiu nos anos 70

O programa Signed by Abel Ferrara está formado polos seguintes traballos:
La ricotta de Pier Paolo Passolini (1963, Italia)
Every boy is named Patrick de Jean Luc Godard (1959, Francia)
Electronic Labyrinth THX 1138 4EB de George Lucas (1967, USA)
Standard time de Michael Snow (1967, Canadá)

As curtametraxes do director norteamericano que se proxectarán no Teatro Principal serán:
-Nicky’s Film (1971, USA)
-The Hold Up (1972, USA)
-Could It Be Love (1973, USA)
-Not Guilty: For Keith Richards (1977, USA)

sergei_loznitsa_1

Por outra banda, a retrospectiva deste ano está adicada a Sergei Loznitsa, matemático de formación, quen, despois de traballar no Instituto Cibernético de Kiev empezou a dirixir documentais, con grande éxito, en 1997. A retrospectiva de Lonznitsa ofrecerá ao público a rara oportunidade de realizar un percorrido pola súa exquisita filmografía, proxectando os seguintes traballos:
-Retrato (2002, Rusia)
-A estación de tren (2000, Rusia)
-Vida, outono (1998, Rusia-Alemaña)
-Bloqueo (2005, Rusia)
-Fábrica (2004, Rusia)
-O evento (2015, Países Baixos-Bélxica)
-Carta (2012, Países Baixos-Rusia)
-Luz Boreal (2008, Rusia)
-O vello cemiterio xudeu (2014, Letonia-Países Baixos)
-Reflexións (2014, Francia, Bosnia-Herzegovina-Suíza-Italia-Portugal-Bulgaria-Alemaña)
-O milagre de Santo Antonio (2012, Portugal)

Loznitsa e Ferrara, dous nomes propios para engadir a unha intensa programación multidisciplinar na que a música, as actividades formativas e os live cinemas, entre outros, acompañarán ao programa de proxeccións cinematográficas.