REGRESA A NOITE CURTA

24/08/16

Noite-curta

Regresan as Noites Curtas, cunha programación que traerá o mellor do cinema de vangarda a Compostela, en dúas sesións ao aire libre. A primeira cita será o 25 de agosto, na praza de Praterías, cunha selección das películas máis salientables da pasada edición do festival. A Noite Curta do xoves 25 de agosto presenta un programa cos traballos máis destacados da edición de 2015, que inclúe Blood below the Skin (Jennifer Reeder, 2015, Estados Unidos) e Becoming Anita Ekberg (Mark Rappaport, 2015, EE.UU/Francia) premio e mención, respectivamente, na categoría Radar.

A segunda terá lugar na Praza da Quintana, cun programa de cine realizado en colaboración co festival WOS. Para a Noite Curta do xoves 1 de setembro, Curtocircuíto volve aliarse co festival compostelán para traer á cidade un programa audiovisual e musical arriscado, vangardista e para todos os públicos.

A entrada será de balde para ámbalas sesións.