CURTOCIRCUÍTO COMISARIA UN PROGRAMA PARA L.A. OLA

25/05/16

BLOG LA OLA

L.A. OLA – Spanish Contemporary Cinema Showcase é unha mostra audiovisual que se celebra en Los Ángeles adicada ao novo cinema español. En maio convidou a Curtocircuíto – Festival internacional de Cinema de Santiago de Compostela a seleccionar un programa de cinco curtametraxes que foron proxectadas en diferentes localizacións de Los Ángeles.

Os traballos escollidos foron: Ser e voltar de Xacio Baño, L’Oreig de Blanca Camell Gali e José López Pizarro, 6Lola6 de Tomás Peña, Sin Dios ni Santa Maria de Samuel M. Delgado e Helena Girón, Tout le monde aime le bord de la mer de Keina Espiñeira.