CARTA BLANCA A CURTOCIRCUÍTO EN TABAKALERA

15/12/15

Carta Blanca Tabakalera

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela foi convidado por Tabakalera a realizar unha Carta Blanca, presentada no centro cultural donostiarra por Pela del Álamo, director do festival. Unha ecléctica selección de curtametraxes internacionais de 80 minutos de duración: desde o documental activista self-made ata a ficción experimental latinoamericana (La impresión de una guerra), pasando por clásicos do found footage, unindo a autores emerxentes (Helena Girón e Samuel M. Delgado, Sin Dios ni Santa María) con clásicos como Deborah Stratman (Second Sighted) ou Peter Tscherkassky (na imaxe, fotograma da súa película The Exquisite Corpus). O programa completo pódese consultar premendo aquí

Tabakalera é un centro de cultura contemporánea donostiarra que ten como obxectivo promover a creación cultural en todos os seus ámbitos e fases (investigación, produción, exhibición). Deste xeito configura o seu programa mediante prácticas artísticas contemporáneas, mediación, laboratorios de cultura dixital e biblioteca de creación.