AA++ E NISTRA INAUGURAN CURTOCIRCUÍTO

28/09/15

A++

O vindeiro venres 2 de outubro, terá lugar a festa de presentación de Curtocircuíto na Zona C, ás 20:30 horas. Estades todos convidados a acudir a este evento, que consistirá na film performance Cinema Expandido Doméstico, do colectivo AA++. Mediante a proxección de metraxe atopada con multipantalla e narración en directo, este dúo, composto por Ana Domínguez e Ángel Rueda –directores da (S8) Mostra de Cinema Periférico–; dá unha nova dimensión ao arquivo doméstico. Este cine construído en directo, coas súas técnicas de colaxe e proxeccións múltiples, intensifica o aspecto atemporal das imaxes. Un espectáculo para abrir boca de cara a unha semana, do 6 ao 11 de outubro, cargada de cine.

Logo da performance, quedade para un viño galego, cortesía de Mara Martín. Mentres charlamos, o colectivo santiagués Nistra porá a música e máis imaxes co seu primeiro proxecto: Nistra Batuko Exploration. Como un alegato cosmopolita que entrecruza intereses demográficos e música avanzada, este dúo (Adrián Canoura e Anxo Rodríguez) colabora xunto ao grupo de traballadoras caboverdianas Batuko Tabanka, unha sorte de coral africana afincada en Burela. A súa depurada electrónica, mesturada cos ritmos populares caboverdianos, ten como resultado pezas tan interesantes como esta:

Acudir á inauguración saeche de balde. Só tes que retirar no despacho de billetes do Teatro Principal o teu convite, nos horarios habituais de atención ao público.