Filmes

Todos os filmes

Teenage Riot

Sección de 14 a 18 anos

Entrada de balde previa inscripción en educacion@curtocircuito.org | Historias e perspectivas que invitan aos mozos a ser eles mesmos e a loitar polos seus ideais nun mundo que premia a estandarización e o pensamento único.

 

Ler máis Ver menos

Teenage Riot

Teatro Principal

Duración: 65m 22s

Mój Starszy Brat

Meu irmán maior

Paweł Zdanowski

  • 2019
  • 14:59
  • Polonia
  • FIC
  • COR

Nun caloroso día ao final do verán, Adam, de dez anos, atópase no centro dunha atención inesperada. O neno emociónase cando o seu irmán maior comeza a facer realidade os seus sonos. Pero pronto dáse de conta de que a súa infancia está a piques de rematar.

Zapatos de tacón cubano

Zapatos de tacón cubano

Julio Mas Alcaraz

  • 2019
  • 17:00
  • España
  • FIC
  • COR

Paco e José son dous adolescentes que viven nunha barriada marxinal de Madrid, un entorno hostil a cada un dos seus sonos. Con problemas familiares, e rodeados dun ambiente agresivo, machista e homófobo, deben levar unha dobre vida para ocultar o inicio da súa relación e a súa paixón polo baile flamenco.

I Am Mackenzie

Son Mackenzie

Artemis Anastasiadou

  • 2019
  • 19:43
  • EUA
  • FIC
  • COR

Atrapada entre a masculinidade tóxica, un vestido de abelorios e un namoramento adolescente, unha patinadora adolescente, que medra na zona rural de Texas, terá relacións sexuais por primeira vez na parte traseira do camión do seu pai.

Lolo

Lolo

Leandro Goddinho, Paulo Menezes

  • 2019
  • 13:40
  • Alemania
  • FIC
  • COR

Lolo é un neno gai de 11 anos que intenta convencer a Max, o seu primeiro amor, de que faga pública a súa relación na festa do colexio. Max tamén quere unha relación, pero Lolo podería non ser o indicado. As mellores amigas de Lolo, Elena e Toby, axúdano a superar esta situación e bríndanlle o apoio que precisa.