Filmes

Todos os filmes

Teenage Riot

Sección de 14 a 18 anos

Entrada de balde previa inscripción en educacion@curtocircuito.org | Historias e perspectivas que invitan aos mozos a ser eles mesmos e a loitar polos seus ideais nun mundo que premia a estandarización e o pensamento único.

 

Ler máis Ver menos

teenage-riot

Teatro Principal

Duración: 64m 00s

Ariana forever!

Ariana para sempre!

Katharina Rivilis

  • 2015
  • 23:23
  • Alemaña
  • FIC
  • COL

Margarita, a rapaza de 13 anos introvertida allea ao instituto observa á bela Adriana nunha excursión. Non obstante, Adriana é testemuña da obsesión dos seus compañeiros por vela fóra de control. Cando a excursión se ve ensombrecida por un escuro segredo, Margarita enfróntase a un conflito moral.

La última virgen

A última virxe

Barbara Farré

  • 2018
  • 16:43
  • España
  • FIC
  • COL

Sara, unha rapaza de 13 anos, ten a necesidade de abandonar a súa inocencia para internarse no mundo adulto e así encaixar dentro do seu grupo de amigas. Envolta por un mundo onde reina a aparencia, verase obrigada a forzar a súa vontade converténdose así nunha vítima máis da sociedade.

Jag tror jag är lite kär i dig

Penso que estou namorado de ti

Maria Eriksson-Hecht

  • 2018
  • 09:05
  • Suecia
  • FIC
  • COL

Nadja, de 13 anos, coñeceu á súa alma xemelga, William, en liña. A pesares de que non o coñeceu na vida real, sinte que é amor. Pero cando falar se converte nun intercambio de imaxes de espidos, William xa non parece tan lindo e sensible. 

Velvet

Velvet

Paula Hopf

  • 2018
  • 14:49
  • México
  • FIC
  • COL

Nesa breve etapa entre a puberdade e a adolescencia, Ale presencia xunto ao seu mellor amigo Rubén un fenómeno igualmente efémero: o paso do cometa Velvet polos impoñentes edificios da Cidade de México. A gravación do corpo celeste deixa entrever a fraxilidade da amizade entre Ale e Rubén, volvendo os seus encontros cada vez máis esporádicos e os seus reencontros máis estraños, obrigando á protagonista a confrontar a súa propia realidade, con ou sen pantalla de por medio. 

Estrea en España