Filmes

Todos os filmes

Retrospectiva - Bertrand Mandico

​L'homme de Mandico

As películas de Bertrand Mandico pertencen á Historia das Herexías. Os demos son deuses cuxa veneración deixou de ser perpetuada pola sociedade humana. O cine de hoxe en día é un Demo. Dende o momento no que unha arte popular deixa de ser vivida colectivamente, convértese nunha herexía. Pero tamén é o instante, tan rápido como o bater das alas dun anxo, no que el pode explorar o que lle pertence só a el. O seu ritual intensifícase ata chegar ao punto no que todos os seus oficiantes parecen estar posuídos por unha furia erótica. As súas narracións convértense en indagacións sobre os métodos da súa propia actividade máxica. Todas as súas imaxes son tan precisas como os feitizos.

 

As películas de Bertrand Mandico pertencen á Historia das Lendas Urbanas. Durante moito tempo, ao ser tan míticas como invisibles, un tiña a impresión de que baixaban a nós como deusas con moitas caras, cubertas por una densa nube eléctrica de espera e misterio. Feliz como Ulises, o espectador tiña que navegar entre festivais e retrospectivas para poder albiscar cada unha delas. Pero unha vez vía unha, xa non podía escapar: a película exercía unha atracción máxica sobre el como a de Circe. O cine quedábase na súa memoria como un templo onírico cheo de estatuas humanas no que sería testemuña do ritual de invocación dunha deusa de carnes exuberantes, chea de froita madura e flores mirradas.

 

As películas de Bertrand Mandico pertencen á Historia dos Universos Paralelos. Aínda que os directores do Novo Mundo, os cales, dende Tod Browning a David Lynch, son un enigma, nas súas imaxes, as películas de Bertrand Mandico están deliberadamente “deshollywoodizadas”. É o cine dun mundo espello no que California non existe. Ao eliminar a xeografía do cine da súa historia, a obra de Bertrand Mandico é convertida nun mesianismo sen unha terra prometida. Polaco, ruso, italiano, xaponés, converteuna nun medio irrecoñecible que dá as costas aos 80, aos 90, ao 2000 e ao 2010, e á restitución do cine como unha ilustración da política estadounidense para remodelar o mapa político do mundo e a súa “exportación” da democracia. Un medio que tamén dá as costas á produción “intimista” francesa e á idea ridícula de centrarse “na parella”, “historias curtas”, ou na “vida diaria”. As películas de Bertrand Mandico son o cine dun universo paralelo no que Francia seguiu a máxica liña representada por Cocteau e Rivette en lugar da corrente das “historias da clase media” de Truffaut e Despléchin. O cine dun universo paralelo no que son Walerian Borowcyk e Andrzej Zulawski os que influenciaron aos novos directores dos 80 en lugar de Steven Spielberg e George Lucas. O cine dun universo paralelo que ensalzaría as ilustracións de Topor e as tiras cómicas de Fred. O cine dun mundo no que Nerval sería rei.

 

As películas de Bertrand Mandico poden ser vistas e revividas volvéndoas a reproducir unha e outra vez na túa casa. Converteran o teu piso nunha cova cósmica de carne quente. Mergullarante nos seus divertidos diálogos, suspendidos e crueis como un baño de burbullas. Pero canto máis e máis as veas, máis te comezarán a influenciar, e mutaredes xuntos para converterte nesa especie de mutante coas pálpebras violetas ao que as súas películas chamarán: unha parahumanidade rigorosa como o erotismo, excitante como a aritmética, abafante como a lóxica, precisa como a loucura, ansiosa como o amencer; unha parahumanidade tan fabulosa como o abominable home das neves, o monstro do lago Ness, a mantícora ou o berbalang: algo parecido a “O home de Mandico”. As películas de Bertrand Mandico pertencen á Historia da Zooloxía Fantástica.

 

Por Pacôme.

Ler máis Ver menos

Bertrand Mandico 3

Teatro Principal

Duración: 37m 18s

C'etait le chien d'Eddy

Era o can de Eddy

Bertrand Mandico

  • 2001
  • 15:00
  • Francia
  • FIC
  • COL

Dúas parellas falan, parecen felices. Están gozando do momento, bebendo xenebra, ata que comezan a falar sobre o amor.

Chris D'Angoisse

Chris ansioso

Bertrand Mandico

  • 2001
  • 04:00
  • Francia
  • VID
  • COL

Traballo publicitario para unha marca de sprai nasal onde se exploran dúas situacións cotiás no fogar de Chris que son solucionadas dunha forma surrealista.

8

8

Bertrand Mandico

  • 05:18
  • Francia
  • VID
  • COL

A través da óptica da súa cámara, un mozo intenta capturar a un ser máxico que visita a súa habitación todas as noites.

Mie

Mie

Bertrand Mandico

  • 2007
  • 11:00
  • Francia
  • FIC
  • B/N

Catro cadros diferentes. Unha oda á natureza.

Tout ce que vous avez vu est vrai

Todo o que viches é verdade

Bertrand Mandico

  • 2004
  • 02:00
  • Francia
  • FIC
  • COL

Falsa entrevista ao director Bertrand Mandico na que desentraña a súa concepción sobre o cine e a posta en escena.