Filmes

Todos os filmes

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos

Radar 5

Teatro Principal

Duración: 79m 03s

Glucose

Glucosa

Jeron Braxton

  • 2017
  • 13:23
  • EUA
  • ANI
  • COL

Unha viaxe surrealista a través do soño dun personaxe dun videoxogo que quedou fóra de combate durante unha partida. 

Saladdin Castique

Saladdin Castique

Anssi Kasitonni

  • 2018
  • 05:40
  • Finlandia
  • EXP
  • COL

Un home intérnase no bosque para intentar atopar bagas. En lugar de iso atopa unha botella baleira de vinagreta. Un xenio sae da botella e concédelle ao home tres desexos. O home usa os tres desexos tradicionalmente pero emprega unha linguaxe inapropiada e ao xenio non lle gusta. O home vai a aprender unha lección.

Estrea en España

Cops are actors

Os policías son actores

Tova Mozard

  • 2017
  • 20:00
  • Suecia
  • DOC
  • COL

Nalgún lugar dos outeiros de Los Ángeles, coñecemos a catro actores que representan a profesión policial a través da narración e da escenificación.

UUQUCHIING

UUQUCHIING

Kévin Noguès

  • 2018
  • 20:00
  • Francia
  • FIC
  • COL

Camille desdebuxouse da súa propia vida. Os días sucédense uns a outros a unha velocidade metronómica, entre o seu traballo na fábrica e as súas visitas regulares á casa dos seus avós. Unha noite, mentres está ceando na súa casa, acaba mergullado varias horas máis adiante no seu propio futuro, sen lembrar nada.

Solar Walk

Paseo solar

Réka Bucsi

  • 2018
  • 20:00
  • Dinamarca
  • ANI
  • COL

Paseo solar amosa unha viaxe a través do espazo e o proceso da creación dentro dun caos cósmico animado.