Filmes

Todos os filmes

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos

Radar 2

Teatro Principal

Duración: 75m 32s

Mot Khu Dat Tot

Terra bendita

Pham Ngoc Lan

  • 2019
  • 18:32
  • Vietnam
  • FIC
  • B&N

Unha muller maior e o seu fillo visitan a tumba do seu último esposo, situada nun antigo pobo pesqueiro ao que ela levaba décadas sen ir. No cemiterio, nas dunas de area, deambulan durante un rato sen atopar a lápida. Estará erosionada a súa memoria, ou estará a lápida oculta por algures entre a herba verde do novo campo de golf?

Estrea en Galicia

27 Thoughts About My Father

27 pensamentos sobre o meu pai

Mike Hoolboom

  • 2019
  • 25:00
  • Canadá
  • EXP, DOC
  • COR, B&N

Nunha serie de 27 viñetas, o artista preséntanos lembranzas do seu pai, que morreu en xuño do 2017. Usando unha mestura de vídeos da familia (incluídas dúas mudanzas catastróficas, a última a unha residencia de anciáns), fotografías e vídeos atopados, emerxe un retrato dun pai fantasma xenial, atormentado por unha guerra que enviou ó seu propio pai a un campo de concentración, o cal finalmente impulsou a súa propia mudanza ó Canadá, onde se criou Mike Hoolboom.

Marée

Marea

Manon Coubia

  • 2019
  • 32:00
  • Bélxica, Francia
  • FIC
  • COR

De noite. Nunhas pistas de esquí desertas, o paseo nocturno das máquinas pisaneve está a punto de comezar. Antoine, de 25 anos, únese ao seu equipo. Na metade do mundo, comeza o hipnótico ballet das máquinas que dan forma inesgotablemente á paisaxe. De súpeto, a montaña ruxe. Detido na noite, Antoine inicia unha viaxe por un lugar que engloba os mitos dunha montaña tan temida como venerada.

Estrea en España