Filmes

Todos os filmes

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos

Radar 1

Teatro Principal

Duración: 150m 37s

On the Art of Set Design

Sobre a arte da escenografía

Jan Ijäs

  • 2019
  • 13:16
  • Finlandia
  • EXP
  • COR

Esta película está baseada no tratado de dirección On the Art of Cinema do exlíder de Corea do Norte, Kim Jong Il, centrándose en particular no capítulo The Sets Should Reflect the Times, pasaxes do cal son lidos en alto polo narrador.

Estrea en España

My Generation

A miña xeración

Ludovic Houplain

  • 2018
  • 08:00
  • Francia
  • ANI
  • COR

E se apoiásemos os nosos móbiles e abrísemos totalmente os ollos? Isto é o que suxire a curta My Generation: un plano en movemento de 8 minutos no que cruzamos diferentes mundos: arte contemporáneo, GAFA, deportes, relixións, pornografía, política, finanzas, vacas sagradas, vixilancia xeneralizada, todos opios da xente.

Estrea en España

Mot Khu Dat Tot

Terra bendita

Pham Ngoc Lan

  • 2019
  • 18:32
  • Vietnam
  • FIC
  • B&N

Una muller maior e o seu fillo visitan a tumba do seu último esposo, situada nun antigo pobo pesqueiro ao que ela levaba décadas sen ir. No cemiterio, nas dunas de area, deambulan durante un rato sen atopar a lápida. Estará erosionada a súa memoria, ou estará a lápida oculta por algures entre a herba verde do novo campo de golf?

Estrea en Galicia

I Got My Things And Left

Collín as miñas cousas e marchei

Philbert Aimé Mbabazi Sharangabo

  • 2018
  • 22:00
  • Ruanda, Suiza
  • FIC
  • COR

Un grupo de individuos reúnese na casa du amigo falecido no seu velorio. Aínda que morreu a unha idade temperá, levou unha vida singular nunha sociedade conformista. Pasan a tarde recordando a súa vida e o seu legado creativo, comparándoo cos seus propios sendeiros vitais.

Estrea en España

Les Proies

O xogo

Marine des Contes

  • 2018
  • 53:00
  • Francia
  • DOC
  • COR

Protexidos dentro da súa cabana, uns cazadores examinan o ceo do outono da rexión de Landes, no sueste de Francia. Meticulosa e pacientemente, escoitan os renxidos do bosque, observando impacientes a que unha pomba torcaz lles voe por riba. Realizando unha curiosa coreografía, tiran dunha das cordas da súa trampa.

Estrea en España

RISE

RISE

Bárbara Wagner, Benjamin de Burca

  • 2018
  • 20:49
  • Brasil, Canadá, EUA
  • EXP, DOC
  • COR

Nos espazos alternativos de Toronto, un grupo de poetas, rapeiros, cantantes e músicos negocian o seu status como habitantes de Toronto de segunda xeración, así como de colonos vivindo nun territorio indíxena prestado. De natureza operística, este documental experimental fíxase no ritmo e a poesía como traballos creativos que constitúen o diálogo da mestura de culturas: a chamada e a resposta, o recitativo, o cifrado.

Estrea en Galicia

All These Creatures

Todas estas criaturas

Charles Williams

  • 2018
  • 15:00
  • Australia
  • FIC
  • COR

Un adolescente intenta desenmarañar os seus recordos acerca dunha infestación misteriosa, o desenlace do seu pai e das pequenas criaturas que hai en todos nós.