Filmes

Todos os filmes

Púlsar - Jessica Sarah Rinland

Historias naturais

Un home axeónllase sobre libros para protexer a terra que hai por baixo del, Wild Flowers baixo un xeonllo Dragonflies baixo a outra. Os libros son almacéns de información e coxíns de polpa de celulosa, feitos de madeira e herbas como as que está a explorar. É un membro da Sociedade da Historia Natural de Elmbridge, o suxeito de Black Pond (2018) da cineasta anglo-arxentina Jessica Sarah Rinland. A película segue á sociedade observando avelaíñas, medindo árbores e estudando fungos. Axeonllado sobre os libros, o home representa algo que representan todas as películas de Rinland. Combinan o físico cos libros, ambos son sensuais e están intelixentemente pensados. Gravado en 16 mm, outro tipo de celuloide, o seu material e unha coalescencia de natureza e ciencia.

 

Ó combinar elementos do documental, a narrativa de ficción, das instalacións artísticas e da película ensaio, o vocabulario cinematográfico de Rinland é variado. Unha película que saúda a O acto de ver cos propios ollos (1971), de Stan Brakhage, Necropsia dunha toniña común (Vendo dende os nosos ollos ós deles) (2015), documenta unha toniña sendo disecada. O seu visionamento é á vez visceral e suxerinte: é un animal, é industria, é carne igual ou diferente á miña. En A expresión do cego (2016), un home cego explora unha escultura coas súas mans, recordándonos que aprendemos cos nosos corpos tanto como coas nosas mentes.

 

Xardíns e museos aparecen na obra de Rinland como espazos heterotópicos, no que coinciden especies ou culturas. Enredos enmarañados de persoas, animais, historia, coñecemento científico e mitos transforman espazos en lugares. O antropólogo Tim Ingold describe lugar como unha “rede” de enerxías e intereses diferentes; Black Pond exemplifica isto. Unhas terras comunais como as de Elmbridge unha vez estiveron ocupadas polos Cavadores, un grupo radical do século XVII cuxas campañas para reformar a orde social anticipaban o anarquismo moderno. Black Pond declina as cuestións dos Cavadores cunha preocupación contemporánea polo Antropoceno e a tecnoloxía. Que é compartir a terra? Pregunta Rinland, e é compartila coa flora e a fauna, con avións voando por riba cara Heathrow, e con restos dos Cavadores, quen desexaban establecer “un tesouro común para a vida”. O “tesouro común” presente na obra de Rinland é como o “parlamento das cousas” de Bruno Latour: un coro de constituído por animais, vexetais e minerais.

 

A Rinland fascínanlle ás aplicacións prácticas da ciencia, e como estas varían entre disciplinas. Un proxecto actualmente en desenvolvemento, Those that, at a Distance, Resemble Another, que está sendo feito en colaboración con conservadores de museos, científicos, ceramistas e arqueólogos do Reino Unido, EE.UU. e América do Sur. Durante o curso da película vense traballando mans, ciceis, máquinas e sistemas de coñecemento diferentes, e créase unha réplica de cerámica dun cabeiro de elefante. O museo preséntase por un lado como un territorio común no que a xente comparte o coñecemento, e polo outro, como un territorio no que compiten diferentes disciplinas. Xogando co tempo, reproducindo un artefacto aparentemente antigo, a película saúda á prestidixitación e ás fabricacións materiais propias do cine. O museo de historia natural, ao igual que o cine, móstrase dunha forma tan fabulosa como real.

 

A fábula e o humor nunca están lonxe das películas de Rinland, e a curiosidade convérteas en lugares irreais. Nulepsy (2011) é un retrato de 8 minutos da necesidade patolóxica dun home de estar nu. Empezando a partir de preguntas aparentemente sinxelas (“Como sería a vida sen roupa?”), Rinland desenreda infinitos fíos sociais e históricos: “Que aspecto ten o mundo dende a copa dunha árbore?” xera Non tan vello como as árbores (2014), un retrato dun octoxenario que pasa o seu tempo libre subíndose ás árbores. “Que é unha balea?” é o punto central de We Account the Whale Immortal (2016), unha película proxectada en tres partes cuxas imaxes e narración oral entretecen mito, historia, investigación científica e arte. As imaxes contradín frecuentemente a información verbal, socavando dun modo rebuldeiro calquera verdade; os narradores de Rinland son tan pouco fiables como elocuentes.

 

Nun encargo para Channel 4 de 2016, O voo dunha avestruz (Interior da escola), unha nena tímida de 8 anos ve un vídeo de natureza que a informa de que o avestruz é incapaz de facer o que fai tan famosos os paxaros: non poden voar. Un animal análogo para estender as ás dun mesmo, o avestruz, ao igual que a nena, finalmente triunfa. A determinación da nena trae á mente a outra científica nova, o prodixio da botánica de Adeline for Leaves (2014), e tal vez, á propia Rinland. Cunha curiosidade insaciable, as súas películas están moi por riba do convencional.   

 
Becca Voelcker

Artista e cineasta, Jessica Sarah Rinland exhibiu internacionalmente en galerías, cines, festivais de cine e universidades, incluíndo NYFF, LFF, Róterdam, Oberhausen, Edimburgo e Mar de Prata. Recibiu becas do Arts Council England e do Wellcome Trust entre outras institucións. As súas Residencias inclúen: MacDowell Colony, Kingston University, Locarno Academy e Berlinale Talents.En 2016 exhibiu unha instalación en pantalla múltiple e aleatorizada de We Account the Whale Immortal en Somerset House, Londres. Na actualidade é Artista Asociada en Somerset House Studios, e Film Studies Center Fellow, Universidade de Harvard.

 

https://jessicarinland.com/

Ler máis Ver menos

Púlsar 3

NUMAX

Duración: 50m 32s

Expression of the Sightless

A expresión do cego

Jessica Sarah Rinland

  • 2016
  • 07:01
  • Reino Unido
  • B/N

As inquisitivas mans dun cego exploran unha escultura vitoriana.

The Blind Labourer

O obreiro cego

Jessica Sarah Rinland

  • 2016
  • 26:30
  • Reino Unido, EUA
  • COL, B/N

O obreiro cego examina as similitudes e contrastes entre a industria madeireira e baleeira. Edita conxuntamente metraxe de traballadores nos bosques, cortando árbores, no mar e nas fábricas, cortando baleas e desenvolvendo os seus múltiples produtos para a sociedade e estudos científicos. Aparece un texto en forma de subtítulos por toda a película, escrito en primeira persoa por un baleeiro ambiguo que coñece a un madeireiro cego, fascinado polas baleas. A película rexeita a idea de que os seres podan ser clasificados en función do seu valor relativo, e explora como unha forma pode afectar a outra. 

A Boiled Skeleton

Un esqueleto fervido

Jessica Sarah Rinland

  • 2015
  • 03:44
  • Reino Unido
  • COL

A viaxe dun calderón boreal, capturado en 1860 e actualmente almacenado no sótano do Museo Grant do University College of London.

Necropsy of a Harbour Porpoise (Seeing From Our Eyes Into Theirs)

Necropsia dunha toniña común (vendo dende os nosos ollos aos deles)

Jessica Sarah Rinland

  • 2015
  • 11:02
  • Reino Unido
  • COL

Unha resposta a “O acto de ver cos propios ollos”, de Stan Brackhage, que crea unha afirmación contundente sobre a condición humana a través de describir autopsias de humanos. Necropsia dunha toniña común (vendo dende os nosos ollos aos deles) examina esta balea sempre tan enigmática amosando o seu interior, quitándolle o seu misterio e disparidade, e destacando similitudes entre organismos aparentemente contrastantes e mortos.

The Laughing Man

O home ri

Jessica Sarah Rinland

  • 2008
  • 02:15
  • Argentina
  • COL

El rise.