Filmes

Todos os filmes

Púlsar - Jessica Sarah Rinland

Historias naturais

Un home axeónllase sobre libros para protexer a terra que hai por baixo del, Wild Flowers baixo un xeonllo Dragonflies baixo a outra. Os libros son almacéns de información e coxíns de polpa de celulosa, feitos de madeira e herbas como as que está a explorar. É un membro da Sociedade da Historia Natural de Elmbridge, o suxeito de Black Pond (2018) da cineasta anglo-arxentina Jessica Sarah Rinland. A película segue á sociedade observando avelaíñas, medindo árbores e estudando fungos. Axeonllado sobre os libros, o home representa algo que representan todas as películas de Rinland. Combinan o físico cos libros, ambos son sensuais e están intelixentemente pensados. Gravado en 16 mm, outro tipo de celuloide, o seu material e unha coalescencia de natureza e ciencia.

 

Ó combinar elementos do documental, a narrativa de ficción, das instalacións artísticas e da película ensaio, o vocabulario cinematográfico de Rinland é variado. Unha película que saúda a O acto de ver cos propios ollos (1971), de Stan Brakhage, Necropsia dunha toniña común (Vendo dende os nosos ollos ós deles) (2015), documenta unha toniña sendo disecada. O seu visionamento é á vez visceral e suxerinte: é un animal, é industria, é carne igual ou diferente á miña. En A expresión do cego (2016), un home cego explora unha escultura coas súas mans, recordándonos que aprendemos cos nosos corpos tanto como coas nosas mentes.

 

Xardíns e museos aparecen na obra de Rinland como espazos heterotópicos, no que coinciden especies ou culturas. Enredos enmarañados de persoas, animais, historia, coñecemento científico e mitos transforman espazos en lugares. O antropólogo Tim Ingold describe lugar como unha “rede” de enerxías e intereses diferentes; Black Pond exemplifica isto. Unhas terras comunais como as de Elmbridge unha vez estiveron ocupadas polos Cavadores, un grupo radical do século XVII cuxas campañas para reformar a orde social anticipaban o anarquismo moderno. Black Pond declina as cuestións dos Cavadores cunha preocupación contemporánea polo Antropoceno e a tecnoloxía. Que é compartir a terra? Pregunta Rinland, e é compartila coa flora e a fauna, con avións voando por riba cara Heathrow, e con restos dos Cavadores, quen desexaban establecer “un tesouro común para a vida”. O “tesouro común” presente na obra de Rinland é como o “parlamento das cousas” de Bruno Latour: un coro de constituído por animais, vexetais e minerais.

 

A Rinland fascínanlle ás aplicacións prácticas da ciencia, e como estas varían entre disciplinas. Un proxecto actualmente en desenvolvemento, Those that, at a Distance, Resemble Another, que está sendo feito en colaboración con conservadores de museos, científicos, ceramistas e arqueólogos do Reino Unido, EE.UU. e América do Sur. Durante o curso da película vense traballando mans, ciceis, máquinas e sistemas de coñecemento diferentes, e créase unha réplica de cerámica dun cabeiro de elefante. O museo preséntase por un lado como un territorio común no que a xente comparte o coñecemento, e polo outro, como un territorio no que compiten diferentes disciplinas. Xogando co tempo, reproducindo un artefacto aparentemente antigo, a película saúda á prestidixitación e ás fabricacións materiais propias do cine. O museo de historia natural, ao igual que o cine, móstrase dunha forma tan fabulosa como real.

 

A fábula e o humor nunca están lonxe das películas de Rinland, e a curiosidade convérteas en lugares irreais. Nulepsy (2011) é un retrato de 8 minutos da necesidade patolóxica dun home de estar nu. Empezando a partir de preguntas aparentemente sinxelas (“Como sería a vida sen roupa?”), Rinland desenreda infinitos fíos sociais e históricos: “Que aspecto ten o mundo dende a copa dunha árbore?” xera Non tan vello como as árbores (2014), un retrato dun octoxenario que pasa o seu tempo libre subíndose ás árbores. “Que é unha balea?” é o punto central de We Account the Whale Immortal (2016), unha película proxectada en tres partes cuxas imaxes e narración oral entretecen mito, historia, investigación científica e arte. As imaxes contradín frecuentemente a información verbal, socavando dun modo rebuldeiro calquera verdade; os narradores de Rinland son tan pouco fiables como elocuentes.

 

Nun encargo para Channel 4 de 2016, O voo dunha avestruz (Interior da escola), unha nena tímida de 8 anos ve un vídeo de natureza que a informa de que o avestruz é incapaz de facer o que fai tan famosos os paxaros: non poden voar. Un animal análogo para estender as ás dun mesmo, o avestruz, ao igual que a nena, finalmente triunfa. A determinación da nena trae á mente a outra científica nova, o prodixio da botánica de Adeline for Leaves (2014), e tal vez, á propia Rinland. Cunha curiosidade insaciable, as súas películas están moi por riba do convencional.   

 
Becca Voelcker

Artista e cineasta, Jessica Sarah Rinland exhibiu internacionalmente en galerías, cines, festivais de cine e universidades, incluíndo NYFF, LFF, Róterdam, Oberhausen, Edimburgo e Mar de Prata. Recibiu becas do Arts Council England e do Wellcome Trust entre outras institucións. As súas Residencias inclúen: MacDowell Colony, Kingston University, Locarno Academy e Berlinale Talents.En 2016 exhibiu unha instalación en pantalla múltiple e aleatorizada de We Account the Whale Immortal en Somerset House, Londres. Na actualidade é Artista Asociada en Somerset House Studios, e Film Studies Center Fellow, Universidade de Harvard.

 

https://jessicarinland.com/

Ler máis Ver menos

Púlsar 1

NUMAX

Duración: 55m 21s

Bosque

Bosque

Jessica Sarah Rinland

  • 2008
  • 04:18
  • Reino Unido
  • COL, B/N

Unha exploración de terras comunais do sur de Inglaterra durante un intervalo de dous anos e dúas estacións.

Not As Old As The Trees

No tan vello como as árbores

Jessica Sarah Rinland

  • 2014
  • 03:00
  • Reino Unido
  • COL

Saul, de 80 anos, leva vivindo en Londres toda a súa vida. Durante os últimos 20 anos pasou o seu tempo libre subíndose a árbores de Hampstead Heath.

Darse cuenta

Darse de conta

Jessica Sarah Rinland

  • 2008
  • 02:22
  • Argentina
  • COL

Unha imaxe non indentificable aparece e desaparece. Unha voz en off narra a invisibilidade dun oco no medio dunha estrada (poema de Jorge Bucay).

Nulepsy

Nulepsy

Jessica Sarah Rinland

  • 2011
  • 08:24
  • Reino Unido
  • COL

Nulepsy: a necesidade patolóxica de estar nu. Un home maior relata a historia da súa vida, caracterizada pola rara, estraña e inconveniente enfermidade que sofre. 

Nulepsy Attack

Nulepsy Attack

Jessica Sarah Rinland

  • 2009
  • 04:00
  • Reino Unido
  • B/N

Nulepsy: a necesidade patolóxica de estar nu.

Electric Oil

Aceite eléctrico

Jessica Sarah Rinland

  • 2012
  • 06:32
  • Reino Unido
  • COL

En 1868, Laura Jernegan, una cativa de 6 anos de Massachusetts, emprende unha viaxe de tres anos para cazar baleas polo océano Pacífico. Durante este periplo, Laura escribiu un diario sobre a súa vida no barco baleeiro. Principalmente apunta actos banais cotiás, pero describe a matanza das baleas con gran detalle. Aceite eléctrico explora a suposición de que Laura, tras observar a matanza de baleas de forma regular, podería ter un trauma físico e psicolóxico enorme. A Alerxia de Laura ao aceite, que subsecuentemente desencadea no acto incontrolable de liberar a súa pel de todo tipo de materiais, representa este trauma. O texto, escrito polo psicólogo de Laura, examina o estímulo deste trauma e imaxes abstractas representan a formación da memoria de Laura.

Adeline For Leaves

Adeline For Leaves

Jessica Sarah Rinland

  • 2014
  • 13:24
  • Reino Unido
  • COL

Natureza, ciencia e mitoloxía son exploradas a través dos ollos dunha rapaza prodixio botánica de 11 anos.

The Flight of an Ostrich (School Interior)

O voo dunha avestruz (Interior da escola)

Jessica Sarah Rinland

  • 2016
  • 03:44
  • Reino Unido
  • COL

Os paxaros son os amos do ceo. O avestruz é incapaz de facer xusto o que fai famosos aos paxaros: non pode voar. Compensan a súa impotencia tendo os ollos máis grandes e sendo os paxaros máis rápidos sobre a terra, rara vez cazados por depredadores. O voo dunha avestruz (Interior da escola) une esta descrición do avestruz cun momento da vida dunha rapaza de 8 anos tímida e que camiña mirando po chan que, mentres ve un vídeo educativo sobre avestruces, aproveita unha oportunidade e voa ante as miradas dos seus compañeiros.

Ý Berá - Aguas de luz

Ý Berá - Aguas de luz

Jessica Sarah Rinland

  • 2016
  • 09:37
  • Argentina
  • COL

Rexistros que abranguen diferentes momentos da historia da humanidade describen os organismos que habitan o segunda pantano máis grande do mundo.