Filmes

Todos os filmes

Planeta GZ

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

Ler máis Ver menos

Planeta GZ 2

Teatro Principal

Duración: 105m 00s

M. (Manuel Moldes - Pontevedra Suite, 1983-1987)

M. (Manuel Moldes - Pontevedra Suite, 1983-1987)

Ángel Santos

  • 2017
  • 14:25
  • España
  • EXP, DOC
  • COL

Retrato do pintor pontevedrés Manuel Moldes e os traballos que realiza na preparación dunha retrospectiva sobre a súa obra. 

Trajectory Drift

Trajectory Drift

Iván Castiñeiras

  • 2018
  • 24:03
  • Francia
  • DOC, FIC
  • COL

Nun contenedor, entre caixas de enseres, dous homes falan do seu exilio. As súas historias e os infinitos cruces de fronteiras unidas nun soño común: alcanzar Inglaterra.

Estrea en España

El espectrorium

O espectrorium

Judith Adataberna

  • 2018
  • 12:48
  • España
  • EXP
  • COL

El espectorium é unha viaxe en dúas fases a través do reino dos sentidos, descompoñendo a mirada a través de diferentes espectros visuais avanzamos a través dun sistema floral de colores suados. A fascinación pola luz atopa a súa ambigüidade no cuestionamento do real.

Caerán lóstregos do ceo

Caerán lóstregos do ceo

Adrián Canoura

  • 2018
  • 27:00
  • España
  • EXP
  • COL, B/N

Para a sociedade tradicional, esencialmente rural, o trono é un dos peores males; por iso, atribúeselle ao Maligno e asóciase co demo. 

O salvaxe leva o seu tempo

O salvaxe leva o seu tempo

Oliver Laxe

  • 2018
  • 26:44
  • España
  • DOC
  • COL

Facer unha película é querer domar o salvaxe, capturalo. Este atráenos e estimúlanos: un mundo salvaxe, unha vida salvaxe, un amor salvaxe... Esta película é un retrato de seres indomables