Filmes

Todos os filmes

Penínsulas

Sección que recolle películas españolas da temporada. Un programa diverso que non busca unha liña definida, senón poñer en valor cada obra en si mesma.

Ler máis Ver menos

Penínsulas 2

NUMAX

Duración: 93m 25s

Porque la sal

Porque o sal

Cardozo Basteiro

  • 2018
  • 23:00
  • España
  • EXP, DOC
  • COL

Josefa, Pepe, Carmen, Manuel, Carmela, Ángeles, Juan, Loli, Susana e Pepita. Un retrato colectivo dunha comunidade creada polas necesidades da empresa. Xente unida polo sal, forxada polo tempo e sostida pola nostalxia. Porque la sal non é unha pregunta, é máis ben unha resposta. Un documental que aspira a ser un poema.

Estrea en Galicia

Perrolobo (Lycisca)

Canlobo (Lycisca)

Gerard Ortín

  • 2018
  • 45:55
  • España
  • EXP, DOC
  • COL

Hai algo profundamente "orixinal" acerca de esta película: a orixe da historia, a orixe das especies, a orixe da natureza, e incluso a orixe do cine. Porque, que máis se precisa para comezar unha historia á parte do ouvido nocturno dun lobo? A partires de este momento primitivo, todo é posible.

592 Metroz Goiti

Por riba de 592 metros

Maddi Barber

  • 2018
  • 24:30
  • España
  • DOC
  • COL

Que posibilidades de vida quedan cando un territorio é completamente alterado? Nas ladeiras do Pirineo navarro, a construcción da présa de Itoiz na década de 1990 asolagou sete pobos e tres reservas naturais.

Estrea en Galicia