Filmes

Todos os filmes

Novedades Carminha x Lois Patiño

Si o rock and roll é un estado mental, Novedades Carminha habitan a zona centro do córtex, xentrificándoo a base de absoluto despoxo de clichés e dinamita aos xéneros, pero aportando sensualidade, sarcasmo e melodías para abrazarse por fora e empurrarse por dentro. Nos máis de dez anos e os catro álbumes que levan publicados, cada vez que se intentou etiquetar ais composteláns nun xénero (punk, garage, rock, pop, surf, funk, indie) mexáronse na alfombra, e agora soan a todos eses cheiros acumulados. Reconstruíron a súa propia fórmula e trazado o seu propio camño. Non é o Camiño de Santiago, pero de aquí veñen e aquí voltan sempre que é menester: como agora a Curtocircuíto, con película que estrear e ganas de volver a reiniciar a que será a banda sonora do resto da túa vida.

Ler máis Ver menos

Novedades Carminha x Lois Patiño

Teatro Principal

Duración: 0