Filmes

Todos os filmes

Filmmakers x Filmmakers

Como un espello que se olla a si mesmo, Filmmakers x Filmmakers quere pensar no cinema desde o cinema. Un espazo para o comentario, a análise e a reflexión da obra de autores consagrados dende o punto de vista dos seus colegas de profesión.

Ler máis Ver menos

Filmmakers x Filmmakers 4

Salón Teatro

Duración: 85m 00s

A.K.

A.K.

Chris Marker

  • 1985
  • 85:00
  • Francia, Xapón
  • DOC
  • COR

No 1984, Akira Kurosawa foise ás ladeiras do monte Fuji para gravar Ran, unha transposición na Idade Media xaponesa de O Rei Lear de Shakespeare. Chris Marker seguiuno para gravar A.K., unha obra a medio camiño entre un diario de rodaxe e un retrato. Ofrecéndonos unha ollada humilde pero distanciada dos métodos duna das persoas que el considera que esta entre os mellores cineastas vivos, descúbrenos a súa perentoria mestría.