#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
NUMAX

Duración: 68m 30s

Collapsing Mies

Collapsing Mies

Claudia Larcher

  • 2020
  • 07:00
  • Austria
  • ANI, EXP
  • COR

Dúas fotografías bidimensionais de obxectos tridimensionais reconvértense virtualmente en espazos 3-D artificiais, ademais de estratificarse e superpoñerse entre elas. Deste xeito, a artista reproduce unha complexa estrutura espacial con múltiples perspectivas, creando ao mesmo tempo un movemento abstracto minimalista.

There must be some kind of way out of here

There must be some kind of way out of here

Rainer Kohlberger

  • 2020
  • 13:00
  • Alemaña
  • EXP
  • COR

As catástrofes repítense incansablemente no cine de Hollywood. O cine de catástrofes é un xénero que alude á psique colectiva de cada respectiva época histórica. A perspectiva dun anhelo posmoderno de momentos de destrución espectacular, que interrompe brevemente a aburrida monotonía do consumismo capitalista tardío, mostra o contraditoria que é a cultura popular posmoderna…

APIYEMIYEKÎ?

APIYEMIYEKÎ?

Ana Vaz

  • 2019
  • 28:00
  • Brasil, Francia, Portugal, Países Baixos
  • EXP, DOC
  • COR, B&N

Un arquivo de debuxos realizados polos Waimiri-Atroari durante a súa primeira experiencia de alfabetización constrúe unha memoria visual colectiva do seu proceso de aprendizaxe, perspectiva e territorio ao tempo que documenta o seu encontro co “home civilizado”.

Untitled

Sen título

Takashi Makino

  • 2020
  • 20:30
  • Xapón, Australia, Taiwán
  • EXP
  • COR, B&N

Untitled (Sen título) é unha película collage que combina a imaxe e o son de Takashi Makino, a música de Lawrence English e o texto de escritura automática de Esperanza Collado, producidos entre marzo e xuño de 2020, cando o primeiro ataque do coronavirus sacudiu o mundo.

Estrea mundial