Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 5

Teatro Principal

Duración: 58m 08s

Sol Negro

Sol Negro

Maureen Fazendeiro

  • 2019
  • 07:08
  • Portugal
  • EXP
  • COR, B&N

Unha ollada ao eclipe solar do 20 de marzo do 2015 en Lisboa. Unha carta de outra parte fala da vida nun territorio distante.

Past Perfect

Pasado perfecto

Jorge Jácome

  • 2019
  • 23:00
  • Portugal
  • FIC
  • COR

Moitas cidades ou países teñen un malestar distintivo. Son lugares como podería ser Portugal, tan afundido nun doloroso anhelo polo pasado, e onde cada tensión do presente é só a punta dun iceberg que se ve explicado en sucesivas retiradas que poden ir directamente á orixe das especies, como mínimo.

It Has To Be Lived Once And Dreamed Twice

Hai que vivilo unha vez e soñalo dúas

Rainer Kohlberger

  • 2019
  • 28:00
  • Austria
  • EXP
  • COR

A base deste traballo está constituída por imaxes escintilantes e escenas dixitais fantasmas nas que superficies de auga e paisaxes son vagamente discernibles mentres figuras sombrías aparecen e desaparecen: afines ao cinema, os fantasmas da máquina fan as súas rondas perpetuas e serven como un recordatorio distante dos seres humanos desaparecidos. As abstraccións permutantes de Kohlberg proporcionan texturas caleidoscópicas e xeroglíficas e crean a impresión de paisaxes tóxicas. O espectador viaxa por cultivos celulares ou nebulosas estelares, por microcosmos que parecen ser un reflexo do macrocosmos: o universo.