Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 5

NUMAX

Duración: 81m 53s

Mixed Signals

Sinais mesturadas

Courtney Stephens

  • 2018
  • 09:01
  • EUA
  • COL

Atacado por unha enfermidade non revelada, o narrador desta obra reflexiva debuxa evocadores paralelismos entre os cascos escurecidos dun transatlántico industrial e un estado mental cada vez máis desorientador. Courtney Stephens inspirouse nas imaxes náuticas e no turbulento monólogo interior dos poemas do código marítimo de Hannah Weiner.

Trees Down Here

Trees Down Here

Ben Rivers

  • 2018
  • 13:56
  • Reino Unido
  • EXP
  • COL, B/N

As árbores son as personaxes silenciosas que narran a arquitectura e a vida de Churchill College (inaugurado en 1960) a través da súa historia natural. O hábitat humano vese a través da natureza (árbores balanceándose, animais perdidos, aves de presa, as estacións) para crear un novo ambiente onírico no que se borra calquera distinción entre a vida humana, a arquitectura e a natureza.

Mahogany Too

Mahogany Too

Akosua Adoma Owusu

  • 2018
  • 03:33
  • Ghana, EUA
  • EXP
  • COL

O espírito de Tracy Chambers, a estudante de moda e deseño con problemas interpretada por Diana Ross na película de Motown de 1975 Mahogany, pel caoba, é invocado e reimaxinado pola actriz nixeriana Esosa E.

Estrea en España

Nutsigassat (Translations)

Nutsigassat (Translations)

Tinne Zenner

  • 2018
  • 20:20
  • Dinamarca, Groenlandia, Canadá
  • DOC, EXP
  • COL

"Sal fóra. As dúas preciosas montañas, Sermitsiaq e Kingittorsuaq, obsérvanos". Mentres a paisaxe actúa como un escenario para a nostalxia colectiva e o desenvolvemento cidadán en Nuuk, Groenlandia, a curta estuda fallos na tradución da linguaxe e da cultura nunha modernidade poscolonial.

Wishing well

Wishing well

Sylvia Schedelbauer

  • 2018
  • 12:54
  • Alemania
  • EXP
  • COL

Cores a esgalla. Un tempo disperso, pero sincrónico. Un xiro trascendente, unha procura de acción, unha reunión coas correntes do bosque.

Sombra luminosa

Sombra luminosa

Francisco Queimadela, Mariana Caló

  • 2018
  • 22:09
  • Portugal
  • EXP, FIC
  • COL, B/N

Mediante a manipulación de imaxes e sons de exposicións, catálogos e conversas, que tiveron lugar no espazo Center, ensámblase unha linguaxe experimental e mediumística, buscando establecer una recombinación de tempos, contextos e orixes.

Estrea en España