Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 2

Teatro Principal

Duración: 77m 51s

The Garden of Delight

O xardín das delicias

Michael Fleming

  • 2017
  • 11:36
  • Países Baixos
  • EXP
  • COL, B/N

Inspirada no tríptico "O xardín das delicias", de el Bosco. Esta película collage manipulada a man, feita totalmente a partir de metraxe atopado en 35 e 8 mm, explora o matrimonio entre a beleza e o mal, o ceo e o inferno e o noso irresoluble e eterno conflito que acompaña á natureza humana.

20160815

20160815

Tina Frank

  • 2016
  • 03:00
  • Austria
  • EXP
  • COL

20160815 amosa fetiches totalmente en HD, dunha transparencia cristalina e, un rexeitamento decidido, rebaténdoos incluso cunha caricatura cativadora tan irreprimible como dinámica. Protestarán algún día os androides do futuro contra o ditado do cristal líquido? Se así fose, o resultado podería ser este.

Estrea en España

Sky Room

Habitación do ceo

Marianna Milhorat

  • 2017
  • 05:58
  • EUA
  • EXP
  • COL

Falta alguén. As plantas medran, pero, a que custo? A tecnoloxía ameaza e seduce á vez que os humanos intentan resolver un misterio a través da telepatía e espellos. Aceiro inoxidable e cristais rotos espallados por unha discoteca intergaláctica. Encargado pola institución Chicago Film Archives, coas imaxes e os audios de arquivo cortados, manipulados e arpexados para crear unha mestura fértil de himno e narrativa.

Estrea en España

Momentum 142308

Momentum 142308

Manuel Knapp

  • 2018
  • 15:00
  • Austria
  • EXP
  • B/N

A serie MOMENTUM amosa por un lado espazos refractados por texturas e por outro lado unha proxección destes, da súa temporalidade e imaxes persistentes na retina, as cales poden ser vistas a unha velocidade de 30 fps alternando entre dous estados do pregado espacial.

Estrea en España

At The Horizon

No horizonte

Takashi Makino, Manuel Knapp

  • 2018
  • 30:00
  • Austria
  • EXP
  • COL

Este vídeo totalmente abstracto está formado por dúas capas visuais superpostas e proporcionais sobre unha superficie negra. O fondo parece unha tormenta de neve pola noite. A capa que hai por riba desta fórmase de súpeto a partir dunha liña recta horizontal branca. Esta liña expándese para formar unha cuadrícula tridimensional.

Estrea en España

Phantom Ride Phantom

Phantom Ride Phantom

Siegfried A. Fruhauf

  • 2017
  • 10:00
  • Austria
  • EXP
  • COL

Dende un "simple" barrido de cámara, pasando por unha viaxe cara un reino fantasmal, ata unha viaxe auténtica: Phantom Ride Phantom leva a cabo estes tres pasos con enerxía cinematográfica e unha gran elegancia técnica. Ao mesmo tempo, o punto de partida desde fantasma dunha viaxe cinemática fantasmagórica é un so fotograma conxelado. 

Estrea en España

Blink

Parpadeo

Youjin Moon

  • 2017
  • 02:17
  • EUA
  • EXP
  • B/N

A través das manipulacións visuais de cintas de película, esta película explora presencia e ausencia, luz e sombra. Breves estalidos de luz e patróns de liñas entrecruzándose crean ritmos perceptibles, que evocan un ollo capelexando.

Estrea en España