Filmes

Todos os filmes

Carta Branca

Ezequiel Méndez Vidal (Santiago de Compostela, 1941), que posteriormente desenvolvería a súa carreira profesional no sector editorial traballando para o Fondo de Cultura Económica, Alianza Editorial ou no equipo fundador do Instituto Cervantes, foi unha figura fundamental para a cinefilia de Compostela. Na súa etapa estudantil, ademais da súa labor no Cine-Club (que chegou a ter 1.000 socios na súa segunda etapa e funcionou como notable foco de pensamento crítico durante o franquismo) escribiu sobre cinema en La Noche e El Correo Gallego e foi un dos iniciadores do Equipo 64, co que realizou varios documentais sobre Galicia e a súa cidade natal. Coa intención tamén de fomentar o diálogo, Curtocircuíto organiza esta Carta branca en colaboración co actual Cineclube de Compostela, fundado en 2001 e herdeiro en certa maneira da iniciativa de Méndez e os seus coetáneos.

Ler máis Ver menos