Filmes

Todos os filmes

Alberto García-Alix

Alberto García-Alix é un cronista escuro e tenro que radiografa o underground (na súa definición máis ampla) para retratar a humanidade que latexa dentro, liberándoa do esquecemento e a marxinación.

Curtocircuíto 2017 reclama a atención sobre a súa obra cinematográfica e programa dúas das súas pezas audiovisuais más significativas, complementos pero tamén spin-offs do seu labor fotográfico onde achan un perfecto equilibrio a sensibilidade e a dureza.

Ler máis Ver menos