Eventos

Todos os eventos

Café con AGAG | 'Escaletando o intanxible: o guión nas narrativas experimentais'

Salón Teatro |

19:30 h

Un café, un moderador e unha charla aberta a todo tipo de miradas. Baixo a epígrafe de 'Escaletando o intanxible: o guión nas novas narrativas experimentais', trataremos de dilucidar os distintos procesos de escritura cos que se aborda unha obra de carácter experimental. En contraposición á narrativa clásica aristotélica, debateremos sobre o guión como ferramenta nunhas pezas difíciles de atinxirse nas marxes do papel.
 
Modera: Marcos Nine
Participan: Dani Viqueira, Lucía Estévez, Sol Mussa (seleccionados en Planeta GZ e Supernova) e Paulo Rubal (Xurado AGAG).

Actividade en colaboración con: