Eventos

Todos os eventos

Café con Proxecta | 'A interdisciplinariedade nos festivais de cinema'

ABANCA Cervantes |

12:00 h

En colaboración con Proxecta. Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, Curtocircuíto - Festival Internacional de Cinema organiza un encontro xunto aos responsables de diferentes festivais de cinema en Galicia, para conversar arredor do festival como un espazo de intersección entre as diferentes artes. Desde diferentes perspectivas e liñas de programación, este encontro está chamado a debater as estratexias, obxectivos e retos que os festivais de cinema enfrontan á hora de combinar diferentes disciplinas artísticas baixo unha liña programática.

Proxecta é unha asociación sen ánimo de lucro que aposta pola defensa e posta en valor dos festivais, mostras de cinema, e eventos audiovisuais de Galicia, así como pola promoción dos contidos e valores artísticos e culturais que estes impulsan. #Proxectaconstrúe é un programa de mesas de debate que celebramos ao longo de todo o ano nas localidades e datas de celebración dos festivais asociados. Conversas abertas nas que convidamos a profesionais, traballadores/as en festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, a falar dos temas que xiran arredor da organización destes eventos.


En colaboración con: