Música

Todos os concertos

Symphony for Urbanities - Playtronica Arredor do Son II

13:30 h

Mercado de Abastos

Symphony for Urbanities - Playtronica

Symphony for Urbanities é unha actuación musical interactiva. Sobre unha plataforma de madeira cuberta cunha capa delgada dunha malla de aluminio hai 50 intérpretes de diferentes idades, dende nenos a anciáns. Cando un membro do público toca ao intérprete, este escoita unha serie de sons pregravados. Cando termina o contacto, a música detense. Polo tanto, a posición do espectador convértese en intérprete. Para crear unha atmosfera adecuada, algúns espectadores tocarán unha secuencia de sons predeterminada. E o resultado é unha peza musical titulada Symphony for Urbanites.

Esta é unha homenaxe aos experimentos e á investigación de compositores vangardistas soviéticos dos anos 20, que traballaban nunha nova era do son, a música da industrialización, o ruído das fábricas e das cidades crecendo rápidamente, The Horn Symphony de Arseniy Avraamov, Zavod. Music of Machines de Alexander Mosolov, o ballet Bolt de Dimitry Shostakovich e Rails de Vladimir Deshevov. Por outro lado, a experiencia é similar ao son dos paseos urbanos: os espectadores convértense en oíntes activos, a cidade convértese nun conxunto de ruídos, a banda sonora do residente dunha metrópole moderna.

https://youtu.be/34qzwzy2yb4

https://mosurbanforum2018.tass.photo/album?album_id=4183

https://soundcloud.com/playtronica/a-symphony-for-urbanites-moscow  


Playtronica

Playtronica é un estudo internacional adicado a crear experiencias auditivas interactivas significativas, en colaboración con marcas, comerciantes, museos, galerías e artistas.

A través do traballo interactivo, Playtronica pretende sumerxir á xente nunha realidade que fusiona tacto, son e tecnoloxía. Unha na que obxectos cotiás reciben novas identidades, desafiándonos a explorar creativamente o mundo que nos rodea e a nosa relación con él.