Música

Todos os concertos

Javier Martín + Marta Verde + Artur M. Puga featuring RŪGA live A/V

Teatro Principal |

22:30 h apertura de portas ás 22:15 h

5 €

Javier Martín + Marta Verde + Artur M. Puga featuring RŪGA live A/V

Corpo, imaxe en movemento e síntese modular articuladas a través da improvisación, a retroalimentación e o estudo do ritmo e da luz. Texturas, ruído e vibración xeradas en tempo real.

Chega a orde a través do ruído. Complexidade creada a partir do ruído”, Henri Atlan, Entre o cristal e o fume.

Créditos    

  • Imaxe: Marta Verde
  • Síntese modular: Artur M. Puga
  • Corpo e movemento: Javier Martín                        

Javier Martín

É coreógrafo e investigador. Desenvolve un proxecto de investigación –de corte epistemolóxico e crítico– en torno ás artes do movemento. A súa traxectoria constitúe unha aposta firme pola búsqueda de novas linguaxes e texturas de movemento.

Estreou máis de 30 pezas, como SOMA (2019), Método negro (2018), La exforma (2017), Symptoma (2016), Control (2015), Oximórica (2015)... presentando as súas obras en España, Francia, Rusia, Portugal, Ucraína, México, Guatemala e Uruguai.

Colaborou con artistas de diferentes disciplinas, como co xenial pianista ruso Oleg Karavaichuk no proxecto Symptoma, co fotógrafo e cineasta Tono Mejuto na película de cine-danza Qviasma (2017) ou coa agrupación de música contemporánea Vertixe Sonora en Brumario (2018). No 2017 o MUN publicou Javier Martín. Cuaderno de creación, primer catálogo monográfico sobre su obra. 

www.javiermartin.gal  

Marta Verde

Pontevedra, 1985. Artista visual e programadora creativa, licenciada en Belas Artes e especializada en Media Arts e tecnoloxías dixitais aplicadas á escena. Programa Fab Academy de especialización en fabricación dixital.

Desenvolve visuais, gráficos interactivos e xerativos, dispositivos electrónicos personalizados, wearables e instalacións interactivas tanto para músicos como para compañías de teatro e danza, artistas, deseñadores, institucións, publicidade ou estudos de iluminación; sempre procurando a fusión entre arte, creatividade e tecnoloxía.

O seu traballo constrúese a través do uso de software e hardware personalizado e específico para cada conxunto visual, o que lle permite manipular todo o contido en tempo real e explorar os límites do ruído visual, a repetición e o vínculo entre o orgánico e o electrónico.

Participou en festivais como o Primavera Sound, MIRA, WOS, Sonic Arts Waterford, Nos Em D ́Bandada, Seminci, Luz y Vanguardias, Keroxen, Trendelenburg, Dual Club, Transdisciplina, Suena Conde Duque, etc.

Como docente, impartiu clases, obradoiros e hackatóns sobre interacción, tecnoloxía ou fabricación dixital en Makers of Barcelona, Fundación Telefónica, Universidad Politécnica de Madrid, IED Madrid, Makespace Madrid, Medialab-Prado, La Casa Encendida... Na actualidade é instructora de Fab Academy en Fab Lab IED Madrid.

www.martaverde.net

Artur M. Puga

Graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Artista multidisciplinar, a súa obra abrangue tanto manifestacións plásticas, con diversas exposicións ao seu lombo, como diversos proxectos musicais ou a participación en colectivos de acción artística. Dende fai algúns anos o seu traballo céntrase na exploración sonora mediante a síntese modular e a súa intersección con medios dixitais.

A súa obra también explora as confluencias entre o son e outros medios de expresión artística como o cine experimental, a vídeo instalación ou a performance. O seu traballo puido ser visto en diferentes museos e festivais da nosa xeografía así como en países como Inglaterra, Alemaña ou Corea do Sur.

www.arturmpuga.com