Música

Todos os concertos

Myriam Bleau: 'Ballistics' + Mundo Prestigio

Sala Capitol |

21:00 h apertura de portas ás 20:30 h

Entrada de balde, previa retirada de invitación na billeteira do Teatro Principal (billeteira da Sala Capitol no mesmo día do espectáculo) | Máximo 2 invitacións por persoa

Myriam Bleau: 'Ballistics'

Myriam Bleau é unha compositora, artista dixital e intérprete con base en Montreal. Crea sistemas audiovisuais que van máis alá da pantalla, como instalacións sonoras e interfaces musicais específicas para cada actuación. A súa electrónica híbrida investiga a interpretación musical como unha manifestación cultural codificada e recontextualiza os elementos da cultura pop e os tropos da historia da música. O seu traballo foi recoñecito e presentado internacionalmente: Prix Ars Electronica (AT), Sónar (ES) e Sónar Hong Kong, Sonic Arts Award (IT), Elektra (CA), Mutek (MX), ISEA (CA), Transmediale (DE), ACT (KR), Laboral + Lev (ES), Scopitone (FR) e Cafe Oto (UK), por citar algúns. 

Ballistics de Myriam Bleau 

Ballistics (2019) é un espectaculo audiovisual para interfaces de péndulo que obteñen inspiración da ciencia ficción e do misticismo popular. Os obxectos luminosos sen cables están equipados con sensores de movemento que permiten manipulacións, oscilacións, xiros e traxectorias con moita inercia. É un exercicio que consiste en dar son a movementos bruscos e á física do péndulo. Este espectáculo emprega a síntese modular dixital para revelar unha paisaxe textural e corroída de ritmos desiguais.     

Créditos

  • Concepción, composición e interpretación: Myriam Bleau
  • Creado co apoio do III residency program (La Hague-Holland) e do Consello das Artes e das Letras do Quebec (Conseil des arts et des lettres du Québec).

www.myriambleau.com 

 

Mundo Prestigio

Jay xa é historia. A materia prima creativa que comparten Ju, Brais, Fiz e Fer recíclase, recomponse e abre camiño á superficie lucindo novas formas e cores.

Batería, baixo e teclado rompen relacións coa guitarra e ponse a disposición dos samplers en busca de aire fresco, veña este por onde veña. Mundo Prestigio é unha festa á que están invitados o pop, o hip hop, Isaac Hayes, e BadBadNotGood, e na que o importante é e será sempre pasalo moi bien. A banda estreouse en 2019 sobre o escenario do Melona Fest IV.

En maio sae á luz o primeiro traballo de Mundo Prestigio en forma de EP, cunha selección de 6 temas nos que cobran protagonismo os beats e baixos de influencia “hip-hopera”. Tras o son deste primer traballo, está a variña máxica de Hevi (Malandrómeda, Fluzo).